miniatura|dereita|150px|Palacio e pavillón de verán dos Makea Nui.

Makea Nui Ariki é unha das tres dinastías de ariki da tribo (Vaka) de Teauotonga en Rarotonga (Illas Cook), xunto coa dos Makea Karika Ariki e a dos Makea Vakatini Ariki. Tradicionalmente foi a que máis influencia política tiña das tres.Ronald Gordon Crocombe. Land Tenure in the Cook Islands, p. 21

Historia Segundo a literatura oral o fundador foi Karika, orixinario de Manu'a (actualmente na Samoa Americana), quen chegou a Rarotonga a mediados do século XIII, contemporáneo de Tangiia Nui, fundador da tribo de Takitumu e co que se aliou, ofrecéndolle como esposa a súa filla, Mokoroa ki Aitu. A mediados do século XVIII, Makea Te Patua Kino confire a tres fillos seus un título de ariki, que son a orixe das tres xefaturas actuais da tribo. Desde 1994 o título está en disputa por varias pólas da familia Makea. A sede da dinastía é o Para o Tane, comunmente denominado Palacio Makea, situado no centro de Avarua, preto do antigo koutu de Taputapuatea.

Arikis De Karika a Makea Te Patua Kino (c.1250-c.1750) O nome dos arikis entre o século XIII e mediados do século XVIII débense á tradición oral. Recolléronse varias xenealoxías, non sempre coincidentes. A de Henry H. Nicholas, que realizou a comezo da década de 1890, foi recollida do ariki Makea Takau e publicouse no Journal of the Polynesian Society co título de Ko te papa ariki teia mei Avaiki mai, mei roto ia papa. A versión de Stephen Savage, baseada en Tamuera Te Rei, difire notablemente da anterior, mentres que a de Edward Robert Tregear, publicada na obra Maori-Polynesian Comparative Dictionary (1891), se aproxima máis á primeira, aínda que non achega datos do informante.

Versión de Makea TakauVersión de Tamuera Te ReiVersión publicada por Edward Tregear 1 Karika 2 Makea-putaki-te-tai 3 Te Ariki-aka-mataku 4 Te Atua-rereao 5 Te Ariki-i-te-au 6 Te Ariki-noo-marie 7 Tama-puretu 8 Makea-peau-rongo 9 Makea-te-konako 10 Makea-te-taiti 11 Makea-te-ra-tu 12 Te Ariki-ape-tini et Rongo-oe 13 Makea-teina 14 Makea-tauira-ariki 15 Makea-tuke-rae 16 Makea-ta-ruia, 17 Makea-te-rangi-tu-ki-vaoÉ o fillo máis novo de Rangi-Makea na versión de Tamuera te Rei 18 Rangi-makea 1 Karika-tara-apeape-Moa = Ina-a-Rongo 2 Puta-ki-te-tai = Te Ii-matoa 3 Te Ariki-i-te-au 4 Te Ariki-akamataku = Piri-marae 5 Te Ariki-akamaru = Te Kura-moe-ariki 6 Te Atua-rere-vao (Te Rangi-tu-ki-vao) = Te Vaa-rangi-nui 7 Taritari-ua = Mata-noanoa 8 Tumupu = Ngamau 9 Tinorei = Ngamata 10 Potiki = Te Uira-ma-te-aa 11 Maungungu = TeVaa-nui 12 Taiki = Tapaeru-nui 13 Taru-ia-te-ra = Te Uru-moe-ariki 14 Te-Ta-Itinui = Te Kura-anuanua 15 Te Inaina = Taranga-nuku 16 Te Tauira-ariki = Mata-etu 17 Te Ariki-apeapetini = Te Ra-vero-tiitii 18 Te Ratu-o-Tangaroa-ki-Manuka = Ngapu-ariki 19 Ekeeke 20 Tukerae = Ngamau-o-rongo-ma-taneTukarae é o fillo de Tumupu (irmán de Ekeeke) 21 Tamapuretu-Aramai-te-anuanua = Te Ra-tuanuku-a-Kainuku 22 Te Anuanua (Peaurongo) = Te Upoko-uri-o-Atea-e-Papa 23 Te Konako = Etu-o-te-rangi-poiri 24 Rangi-Makeakea=Te Kura-poru 1 Makea Karika = Ina-nui-i-te-Rangi 2 Makea Putakitetai 3 Makea-i-te-au 4 Makea-noo-marie 5 Makea-puretu 6 Makea-peau-rango 7 Makea-teko-nako 8 Makea-te-taiti 9 Makea-te-na-tu 10 Makea Rongo-oe 11 Makea-teina 12 Makea-tumu-pu 13 Makea-tinorei 14 Makea-tari-ua 15 Makea Potiki 16 Makea-mangungu 17 Makea-taii 18 Makea-tukerae 19 Makea-te-rangi-tu-ki-vao 20 Rangi Makea

De Makea te Patua Kino en diante

Makea Te Patua Kino Makea Pini Makea Tinirau, que abdicou no seu fillo Makea Pori en 1823, logo dunha guerra civil entre Teauotonga e Takitumu, finou en 1826. Makea Pori (1823-1839). Makea Davida (1839-1845), fillo do anterior. Makea Te Vaerua (1845-1857), irmá do anterior, foi a primeira muller en obter o título de ariki. Makea Daniela (1857-1866), irmán da anterior. Makea Abela (1866-1871), irmán do anterior. Makea Takau Ariki (1871-1911). Nada en 1840, era filla de Makea Davida e dunha muller da familia ManarangiReport of the Australasian Association of the Advancement of Science, volume 2, 1890.p 628. ou de Makea Te VaeruaMaretu, "Cannibals and Converts", p.97. Marjorie Crocombe afirma nunha nota, "Makea Te Vaerua was a classificatory mother of Makea Takau". Casou con Ngamaru Rongotini Ariki, un dos tres arikis de Atiu miniatura|dereita|200px|Makea Takau Ariki Rangi Makea Ariki (1911-1921), casou con Tapumanoanoa, filla de Papehia e Tinomana Enuarurutini. Makea Nui Tinirau Teremoana Ariki (30 de agosto de 1921-25 de xaneiro de 1939), accedeu ao título con controversia, xa que os mataipo da tribo fixeron saber a súa preferencia por Ngoroio Pori Makea (fillo de Makea Daniela). Makea Nui Takau Margaret Tinirau Rio Ariki (1939-1949), filla de Makea Nui Tinirau Teremoana Ariki. Casou en 1928 Edward Te Whiti Rongomai Love, maorí de Nova Zelandia, que morreu comandando o 28º Batallón (Maorí) durante a segunda guerra mundial en Europa. Makea Nui Tapumanoanoa Teremoana Ariki (1950-1994), segunda filla de Makea Nui Tinirau.

Pretendentes ao título (1994-2010) Logo da morte de Makea Nui Tapumanoanoa Teremoana Ariki, apareceron numerosos pretendentes ao título pero ningún accedeu legalmente a el a pesar de numerosas tentativas de reconciliación e procesos xudiciais.

Inanui Love Nia, filla de Makea Nui Takau Margaret Ariki e Edward Te Whiti Rongomai Love, morta en outubro de 1996. O Tribunal Supremo das Illas Cook negoulle ao acceso ao título por non consultar ao Potikitaua, o voceiro (va'a tuatua) da xefatura, a pesar de que el mesmo se autotitulara con ese título"Changes to succession to Makea Nui tribal title?" Cook Islands Herald, 15 de abril de 2009) Mere Maraea MacQuarrie, a filla máis nova de Makea Nui Teremoana Ariki, foi investida co título e participa nas xuntanzas da Cámara dos Ariki sen xurar o posto. Nooroa Matua, da liña Sadaraka, afirmou ser investido no Palacio Makea o 14 de agosto de 1998 logo de ser elixido pola súa tribo. Morreu en abril de 2009 Yolande Browne, afirma descender de Putua Ariki, fillo de Rangi Makeakea."Makea contender wanting to rewrite history?" (Cook Islands Time n°272 du 13 octobre 2008). O seu pai, William Parau Browne, reivindicara o título en 1939 diante o Tribunal Supremo logo da morte de Makea Nui Tinirau. Matapo Oti Oti, orixinario de Mauke mais vivindo en Tahití desde a década de 1970. Upokotoko'a, que descende do ariki Makea Abela. Stanley (Tutavake) Adam Hunt (Taka'ia Ta'unga) recibiu o 16 de maio de 2009 unha investidura no marae de Oroenga sen recoñecemento polo goberno

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web dos descendentes de Makea Pori

Categoría:Illas Cook