(inglés para «Deixar pegada») é un grupo de metalcorePáxina do grupo en Jamendo . con base en Lutsk, Volyn (Ucraína)Páxina do grupo en MySpace. nado a finais do 2007Páxina do grupo en Facebook. O grupo confórmano Oksana Bugayova ─vocalista─, Artur Vashchuk ─batería─, Yaroslav Bebko ─guitarrista─ e Vasyl Yaremiy ─baixista─. O grupo está sen contrato discográfico e distribúe a súa música libremente pola Internet, ao tempo que dan concertos por diversos lugares de Europa.
Álbums miniatura|Portada de Fight Your Evil Side. O seu primeiro e ata o momento único álbum é Fight Your Evil Side (inglés para «Loita contra o teu lado malvado»), publicado en maio do ano 2009.
Ademais nestes momentos están a traballar nun segundo álbum titulado Boatman Is The Hero (inglés para «O barqueiro é o heroe»). A gravación inicial xa se realizou en Ucraína, e o traballo no álbum continúa nestes momentos no estudio estadounidense American Pink Noise Studio.
Concertos O grupo adoita dar concertos no seu país natal. Tras a publicación do seu primeiro álbum, iniciaron unha xira que abrangueu ademais algúns festivais Europeos. No ano 2010 aventuráronse por Polonia, onde deron preto de trinta concertos.
Licenza Todos os temas publicados polo grupo están baixo a licenza «Creative Commons Recoñecemento Compartir Igual 3.0», o que os converte en música libre.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Grupos musicais formados en 2007 Categoría:Grupos musicais de Ucraína Categoría:Grupos musicais de rock alternativo