Mariah Carey, nada en Huntington (Estado de Nova York) o 27 de marzo de 1969, é unha cantante de pop e R&B, compositora, produtora musical e actriz estadounidense de ascendencia irlandesa-venezolana.
Traxectoria Fixo o seu debut discográfico no ano de 1990, baixo a dirección do executivo de Columbia Records, Tommy Mottola. A finais do ano 1994 publicou Merry Christmas, o "disco de Nadal" máis vendido da historia"Mariah Carey celebra sus 40", nova en El Mundo ..
Durante a década de 1990, os seus álbums vendéronse en grandes cantidades, converténdose na "Artista con máis vendas da década."10 artistas más importantes de los 90's según Billboard" , artigo en mjhideout.com . Tamén galardoada como a "Artista Feminina do Milenio" por Billboard"Biografía en Billboard . e polo World Music Awards"Winners of the WORLD MUSIC AWARDS, maio 2000 ..
O 2000 deixa a Columbia Records, de Sony Music"Mariah Carey firma un contrato multimillonario con Virgin" , artigo en El País, abril de 2003 . e asina un contrato por máis 80 millóns de dólares coa compañía Virgin,"Mariah Carey viene por la revancha" , artigo en El Siglo de Torreón ., considerado como o máis grande da historia para unha artista feminina até ese ano. O fracaso comercial do primeiro álbum que editou con esta discográfica, obrigou aos executivos a romper o contrato. No 2002, Carey asinou con Island Records e despois dun período relativamente infrutuoso, regresou á vangarda da música no 2005 cun dos álbums máis exitosos da súa carreira, The Emancipation of Mimi"Carey, on!", artigo en The Boston Globe ..
Declarada en 2008 por Billboard como unha das "Mellores Artistas Femininas de Todos os Tempos","The Billboard Hot 100 All-Time Top Artists" . é ademais a solista con máis sinxelos que alcanzaron o número un en Estados Unidos cun total de 19, superando a Elvis Presley.Most No. 1s Overall", en Billboard .
Os seus singles "One Sweet Day" (1995) e "We Belong Together" (2005) son as cancións que máis tempo estiveron no número un do Billboard Hot 100 de Estados Unidos, cun total de 16 e 14 semanas respectivamente"Songs with most Weeks nº 1", en Billboard ..
Vida persoal En 2015, Carey comezou a saír co multimillonario australiano James Packer e, o 21 de xaneiro de 2016, anunciou que estaban comprometidos. En outubro, porén, cancelaron o compromiso. En outubro de 2016, comezou a saír co coreógrafo estadounidense Bryan Tanaka.
Notas miniatura|dereita|Carey en 1998.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Actores do estado de Nova York Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes do estado de Nova York Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no condado de Suffolk, Nova York Categoría:Nados en 1969