Will & Grace é unha comedia televisiva estadounidense, creada por David Kohan Max Mutchnick. Esta comedia de situación ambiéntase na cidade de Nova York trata sobre a vida cotiá de Will Truman e Grace Adler, un avogado gai e unha deseñadora.
A serie comezouse a emitir na NBC o 21 de setembro de 1998, cunha grande acollida polo público por iso trasladouse ó horario de máxima audiencia da canle estadounidense. Aínda que a audiencia decaeu na sexta tempada, na oitava e última tempada ascendeu novamente. Esta última tempada, rodada entre o 2005 e 2006, tivo un gran capítulo final retransmitido en directo nos EUA, e tamén na América Latina polo canal de Sony.
Will & Grace foi a primeira serie en amosar un a unha parella homosexual bicándose romanticamente, da televisión pública estadounidense.
O título da obra é un xogo de palabras en inglés, que pode traducirse o galego como Vontade e Graza, e tamén é o nome dos protagonistas.
En España comezouse a emitir na canle de RTVE, La 2, e na FOX. Posteriormente emitiríase en Sony Entertainment Television.
Sinopse
Will e Grace foran mozos na facultade, e durante esta relación Will descobre a súa homosexualidade. Anos máis tarde, encóntranse no supermercado despois de non verse dende a facultade. Dende este encontro convértense en grandes e inseparábeis amigos. Ó principio da serie, Will coñece a Jack, un amigo cun estereotipo gai ben marcado, Grace contrata no seu estudio de deseño a Karen, unha secretaria que vive do alcol e do diñeiro.
Elenco PersonaxeActor orixinal (Estados Unidos)Actor de voz (Españahttp://www.eldoblaje.com/datos/FichaPelicula.asp?id=2424Actor de voz (Latinoamérica)Will TrumanEric McCormackIván MuelasSergio Gutiérrez Coto Grace AdlerDebra MessingCarmen ConsentinoSarah Souza Jack McFarlandSean HayesJuan Logar Jr.Luis Alfonso MendozaKaren WalkerMegan MullallyRaquel MartínLove Santini Estudio de dobraxeTecnison, S.A (Madrid)Sonomex (México)Dirección de dobraxeRaquel MartínSergio Gutiérrez Coto
Despois do inicio da serie, Jack e Karen gañan protagonismo polas súas personalidades extravagantes, formando outra parella de amigos inseparábeis. Durante as 8 temporadas o elenco recibiu famosos convidados para varios episodios, como Madonna, Elton John, Britney Spears, Cher, Molly Shannon, Alec Baldwin, Ellen DeGeneres, Jennifer Lopez.
Notas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1998 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da NBC