"The Wildfire (If It Was True)" é unha canción da banda de garage rock sueca Mando Diao, editado como sinxelo do seu álbum Ode to Ochrasy no ano 2007. Foi lanzado só como descarga dixital, aínda que se fixeron un feixe de CDs promocionais para a radio. Nos Estados Unidos expandiuse e apareceu como un EP, quitándolle a remestura da cara-b e engadíndolle tres temas de distintas edicións europeas. "With Or Without Love" aparece orixinalmente na edición limitada de Ode To Ochrasy, "A Hard Day's Night" no sinxelo europeo de "TV & Me" e "Spit On Your Love" na edición alemá de "Good Morning, Herr Horst".
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Björn Dixgård e Gustaf Norén, agás "A Hard Day's Night" por John Lennon e Paul McCartney. Sinxelo europeo "The Wildfire (If It Was True) (Radio Edit)" "Good Morning, Herr Horst (RAC Mix)"
EP estadounidense "The Wildfire (If It Was True)" "With Or Without Love" "A Hard Day's Night" "Spit On Your Love"
Categoría:Sinxelos de 2007 Categoría:Composicións musicais de garage rock