Claude Josephine Rose Cardinale, coñecida como Claudia Cardinale, nada en Tunes o 15 de abril de 1938 e finada o 23 de setembro de 2025 en Nemours (Francia), foi unha actriz italiana, de pais sicilianos. Traballou con Sergio Leone, Luchino Visconti ou Russ Meyer, entre outros cineastas. Apareceu en filmes como Rocco e os seus irmáns (1960), O Gatopardo (1963), Cartouche (1963), 8½ (1963) e Ata que chegou a súa hora (1968).
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Actores de cinema de Italia Categoría:Nados en 1938 Categoría:Nados en Tunisia Categoría:Finados en 2025