Os cazapantasmas (en ) é unha serie de debuxos animados para a televisión baseada no filme de 1984 Ghostbusters que se emitiu de 1986 a 1991. En Galicia a Televisión de Galicia emitiuna en 1992.

Desenvolvemento

A serie emitiuse orixinalmente de 1986 a 1991, producida por Columbia Pictures Television, DiC Entertainment e Coca-Cola. Na versión orixinal os produtores tiveron que lle engadir "The Real" logo dun contencioso con Filmation que tiña a súa propia versión animada, os Ghost Busters. A serie segue as aventuras un grupo de parasicólogos Peter Venkman, Egon Spengler, Winston Zeddemore, Ray Stantz, a súa secretaria Janine Melnitz e a súa mascota a pantasma Moquete que investigan diversos fenómenos paranormais.

O doutor Peter Venkman é quen toma a decisión de aceptar cada caso, o doutor Egon Spengler é o xenio científico que proporciona a tecnoloxía que o grupo precisa para interactuar co reino etéreo, en moitos dos episodios, Egon atopa a solución cando xa se perdeu toda esperanza, o doutor Ray Stantz é a mente mecánica no equipo, aínda que por dentro é coma un neno. Winston Zeddemore encarna a determinación, sempre co seu raio de protóns a punto. Winston Zeddemore, que na película tiña escaso protagonismo, colleu valor nesta serie.

Notas

Categoría:Debuxos animados Categoría:Series de televisión con versión galega