O Racing 92 é un club francés de rugby con sede en Colombes (periferia de París) formado en 2001 como resultado da fusión dos históricos Racing Club de France (cinco títulos de liga) e US Métro. O nome orixinal do club era "Racing Métro 92", e foi reducido a "Racing 92" en 2015. O número "92" do nome fai referencia ó departamento de Altos do Sena no que está o estadio Ives-du-Manoir, que é o fogar do equipo. Ese departamento da rexión da Illa de Francia ten o número 92 na lista de departamentos de Francia. O recinto de xogo con capacidade para 14,000 seareiros foi construído en 1907 e foi a sede central dos Xogos Olímpicos de 1924. Está previsto que en 2017 se inaugure o novo estadio do club na localidade veciña de Nanterre, co nome Arena 92 e capacidade para acoller a 32,000 persoas.
Na tempada 2015/16 o Racing 92 chegou por vez primeira á final da Copa de Europa, caendo ante os Saracens ingleses por 21 a 9. Na mesma tempada gañou por 26 a 21 a final da Liga francesa na que se enfrontaba ó RC Toulon. Ese encontro foi presenciado no Camp Nou por 99,124 persoas, pasando a ser o novo récord mundial de asistencia nun partido de clubs de rugby.
Traxectoria esquerda|miniatura|250px|Debuxo que representa a primeira final da Liga Francesa de Rugby, entre o Stade Français e o Racing Club de France en 1892. Fundado en 1882 como Racing Club de France, foi un dos primeiros protagonistas do campionato francés de rugby, sendo de feito o primeiro campión en 1892. Naquela final venceu por 4 a 3 ó Stade Français, e o árbitro foi Pierre de Coubertin.
O club volveu a saír campión nos anos 1900, 1902, 1959 e 1990; e quedou subcampión nos anos 1893, 1912, 1920, 1950, 1957 e 1987.
A actual entidade deportiva naceu da unión da sección de rugby do histórico Racing Club de France e a US Métro en 2001, co obxectivo de profesionalizar ó equipo. Na tempada 2008/09 o Racing Metro 92 ascendeu ó Top 14, onde compite na actualidade. Na tempada 2010-2011 tamén compite na Heineken Cup, a máxima competición continental.
Ten a súa sede no departamento Altos do Sena (o departamento nº92 do norte da zona metropolitana de París) de aí o 92 no nome do club. O club xoga os seus partidos como local no Stade Olympique de Colombes, o mesmo no que se disputaron os Xogos Olímpicos de 1924.
Palmarés 120px|miniatura|Trofeo de campión de liga. Copa de Europa de rugby: 0 títulos. 1ª posición: 2ª posición: 2015/16 Liga francesa de rugby: 6 títulos. 1ª posición: 1891/92, 1899/00, 1901/02, 1958/59, 1989/90, 2015/16 2ª posición: 1892/93, 1911/12, 1919/20, 1949/50, 1956/57, 1986/87 Outros títulos Segunda división (2): 1925/26, 2008/09 Copa da Esperanza (1): 1917/18
Tempada actual Liga francesa 200px|miniatura|Dan Carter, o mellor xogador do mundo en 2005, 2012 e 2015; apertura do Racing 92. Top 14 — Tempada 2015/16PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.PFPCDPBOBD 1º ASM Clermont 88 26 18 1 7 735 431 +304 10 4 2º RC Toulon 82 26 16 0 10 764 446 +318 11 7 3º Montpellier HR 81 26 18 0 8 723 569 +154 7 2 4º Racing 9281 26 18 1 7 614 522 +92 5 2 5º Stade Toulousain79 26 16 2 8 680 393 +287 7 4 6º Castres Olympique 71 26 15 0 11 650 496 +154 6 5 7º Union Bordeaux Bègles 67 26 14 2 10 552 503 +49 3 4 8º CA Brive 62 26 13 1 12 540 544 -4 4 4 9º Stade Rochelais 54 26 11 0 15 553 656 –103 4 6 10º FC Grenoble 47 26 10 0 16 605 779 -174 4 3 11º Section Paloise 46 26 10 1 15 420 675 -255 1 5 12º Stade Français 41 26 9 0 17 543 631 -88 2 3 13º SU Agen 26 26 5 0 21 531 846 -315 1 5 14º Oyonnax Rugby 24 26 5 0 21 429 847 -418 2 2'''Eliminatorias Copa de Europa Champions Cup (Grupo 3) — Tempada 2015/16PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.PFPCDPBOBD 1º Racing 92 22 6 4 1 1 174 70 +104 4 0 2º Northampton Saints 19 6 4 1 1 94 93 +1 1 0 3º Glasgow Warriors 14 6 3 0 3 114 96 +18 1 1 4º Scarlets2 6 0 0 6 59 182 -123 0 2Eliminatorias
Véxase tamén Outros artigos Top 14
Ligazóns externas Web do club
Categoría:Equipos de rugby de Francia