Gritando en Silencio é un grupo español de rock, formado por Marcos Molina (composición, voz e guitarras), Aldo Jaenes (baixo), Jorge Correa (batería) e Miguel Ángel Santos (guitarra solista). O grupo constituíuse no ano 2002 en Sevilla.
Traxectoria A primeira maqueta do grupo chamouse ¿Y ahora qué?, gravada e mesturada nos antigos estudios Sputnik por Jordi Gil, na primavera de 2004, e estaba conformada por 4 cancións: "Despojo de Poeta", "Gritando en Silencio", "Rutina en las venas" e "¿Dónde te has quedado?". Foi ofrecida gratuitamente no seu sitio web. Neste traballo contaron coa colaboración do cantante sevillano Albertucho.
Uns anos despois fan a súa segunda maqueta; Destilería de Rock and Roll, autoproducida, e que constou tamén de 4 cancións: "Cuentos de desgarro", "Metido en un blues", "Flores de cartón" e "Destilando Rock and Roll".
No 2009 sae á luz o seu primeiro LP Contratiempo, constituído por 14 cancións, máis dunha hora de música, que contou coas colaboracións de Albertucho, Fernando Madina, vocalista do grupo Reincidentes, e de Juan Manuel Cifuentes , guitarra e voz do grupo Iratxo. O disco atópase dispoñible na súa páxina web, liberado con licenza de Creative Commons.
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do grupo
Categoría:Grupos musicais de Andalucía Categoría:Grupos musicais de rock