Estridón (en latín: Strido Dalmatiae) foi unha cidade na provincia romana de Dalmacia. A súa localización exacta é descoñecida. A cidade coñécese especialmente por ser o lugar onde naceu Xerome de Estridón. Tamén era de aquí Domno de Estridón, un bispo que participou no Primeiro Concilio de Nicea, e o sacerdote Lupicino de Estridón. En 379 a cidade foi destruída polos godos. Xerome escribiu sobre iso na súa obra De viris illustribus:Xerome, De viris illustribus, cap. 135. «Hieronymus patre Eusebio natus, oppido Stridonis, quod a Gothis eversum, Dalmatiae quondam Pannoniaeque confinium fuit...».

É posíbel que Estridón estivese situada no territorio da actual Croacia ou Eslovenia. Posíbeis localizacións son: Sdrin, Štrigova, Zrenj (Croacia), Starod (Eslovenia).

Notas

Categoría:Cidades da Roma antiga