Microserfs é unha novela escrita polo canadense Douglas Coupland e publicada en 1995 por HarperCollins.

Características O texto proporciona un repaso de dúas subculturas da década de 1990. En primeiro lugar, introduce a vida dos empregados da multinacional da informática Microsoft: a xente encargada de crear o software co que funcionan os computadores da maioría das oficinas do mundo. Amósase como afecta a tecnoloxía e a personalidade de Bill Gates ás súas vidas. En segunda instancia, presenta os mesmos personaxes despois de se mudaren a California para traballar nunha pequena empresa acabada de crear.

Véxase tamén Ligazóns externas "David Louis Edelman's review of the book" , no Baltimore Evening, 26 de xuño de 1995 .

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Obras literarias de 1995