John D. Carmack, nado en Roeland Park, Kansas o 20 de agosto de 1970, é un programador de videoxogos e enxeñeiro aeroespacial e de realidade virtual estadounidense. Foi un dos cofundadores da empresa de videoxogos id Software, xunto con John Romero, Tom Hall e Adrian Carmack. Carmack foi o principal programador dos videoxogos Commander Keen, Wolfenstein 3D, Doom, Quake, Rage e as súas respectivas continuacións. É notable tamén polas súas innovacións no campo dos gráficos en 3D xerados por computadora, como por exemplo o seu algoritmo da "Inversa de Carmack" para os volumes de sombras, ademais de ser un entusiasta dos foguetes e o fundador e enxeñeiro en xefe da empresa Armadillo Aerospace. En agosto de 2013 converteuse no CTO da empresa Oculus VR, que no 2014 pasou a ser unha subsidiaria de Facebook.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados no condado de Johnson, Kansas Categoría:Enxeñeiros Categoría:Programadores Categoría:Desenvolvedores de videoxogos Categoría:Directores de videoxogos