Cousas da lingua foi un programa divulgativo da Televisión de Galicia dedicado á lingua galega que se emitiu durante os anos 1990 e 1992.
Contido O programa estaba dirixido polo presidente do Instituto da Lingua Galega Constantino García que actuaba tamén como copresentador xunto a Rosa Castro, ademais contaba coa colaboración habitual do profesor de lingua galega da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luís Regueira; en cada programa divulgábase información sobre léxico, gramática ou da situación sociolingüística do galego
Categoría:Programas culturais da TVG