A Liga Italiana de Rugby, chamada dende o 2010 Campionato Nazionale di Eccellenza, e anteriormente Super 10, é a competición de maior categoría a nivel de clubs do rugby italiano.

Características O primeiro campionato italiano foi no ano 1929 e nel participaron 6 dos 16 equipos existentes daquela en Italia. En 2002, o campionato italiano foi reestruturado de xeito que os 10 equipos máis fortes tomasen parte na nova competición chamada Super 10 e as antigas Series A se converteran na segunda división do rugby italiano. A competición comeza en setembro e remata en maio. Tras unha competición a dobre volta (con partidos na casa e fora), os catro mellores pasan a uns play-offs que deciden cal é o campión, ademais aquel equipo que remata como pechacancelas trala tempada regular, baixa á Serie A. Do mesmo xeito, ó cabo da tempada regular, eses 4 equipos que lideran a táboa competirán o seguinte ano fronte a equipos doutros países europeos, tomando parte na European Challenge Cup.

Equipos participantes 2010-2011 ClubCidadeEstadioCapacidadeL'AquilaL'AquilaStadio Tommaso Fattori10.000CavalieriPratoStadio Enrico Chersoni1.300CrociatiParmaStadio XXV Aprile 2.500GranDucatoParmaStadio XXV Aprile2.500SS LazioRomaCentro Sportivo Giulio Onesti5.000MoglianoMogliano VenetoStadio Maurizio Quaggia?PetrarcaPaduaStadio Plebiscito9.600Rugby RomaRomaStadio Tre Fontane4.000RovigoRovigoStadio Mario Battaglini7.000VeneziamestreVeneciaCentro Sportivo Comunale600

Información Xeral As cidades de Parma (na que xogan o Crociati Rugby e o GranDucato Parma Rugby) e Roma (na que xogan o SS Lazio Rugby e o Rugby Roma Olimpic) son as únicas cidades que teñen dous equipos na actualidade. Os clubs Treviso, Viadana e Calvisano teñen dominado o campionato italiano durante os derradeiros anos, aínda que ningún deses 3 clubs compiten xa no torneo.

O rugby italiano evolucionou ó longo do tempo; os clubs están mellor equipados, mellor organizados e adestran mellor ós seus xogadores. Hai máis cartos dos patrocinadores e xogadores estranxeiros (algúns dos cales xogan representando a Italia coa súa selección grazas ás normas da IRB ó respecto) que teñen mellorado o nivel competitivo da liga. En 2005 a Federación Italiana de Rugby (FIR) decidiu introducir unha norma pola que se obrigaba ós equipos a convocar polo menos a 12 xogadores italianos dos 22 que cada equipo leva a cada partido. Isto foi un esforzo para evitar que os mellores xogadores italianos emigraran para xogar en Francia, cuxo campionato é moito máis forte e profesional que o italiano, e deixar así de depender dos clubs franceses para facer as aliñacións da selección italiana.

No canto de acadar que máis cantidade de medios de comunicación se preocuparan do rugby, os equipos italianos que competían na Heineken Cup e na European Challenge Cup seguiron a perder fronte a equipos ingleses e franceses, así como fronte ós equipos das provincias e rexións de Irlanda e Gales que xogan na Liga celta. Debido a isto, suxeriuse hai uns anos que os equipos italianos entrasen na Liga Celta.

O 2008 foi unha sorpresa positiva nas competicións europeas, dado que os equipos italianos, agora cuns maiores orzamentos, chegaron a gañar a algúns equipos franceses da parte baixa da táboa, co que semellaba que o nivel do Super 10 evolucionaba para ben.

Na tempada 2010-2011 producíronse os trocos mais salientables na competición. Co obxectivo de que a selección italiana de rugby (que toma parte no Torneo das Seis Nacións) acade unha maior competitividade e que os xogadores italianos non teñan que emigrar ó estranxeiro para competir ó máximo nivel, a Federación Italiana de Rugby e a Magners League chegaron a un acordo para que 2 equipos italianos participen por primeira vez na prestixiosa competición británica, unha das 3 ligas mais poderosas de Europa, que ata entón só estado composta por equipos de Irlanda, Escocia e Gales. Ó primeiro propúxose que unha franquía coa sede en Roma e que xogase como local no Stadio Flaminio fose elixida para participar na Magners League, pero non se chegou a un acordo. A proposta dunha franquía con sede en Viadana si acadou o acordo das institucións e dos clubs implicados, de tal xeito que, co nome de Aironi Rugby, esta franquía debutou na tempada 2010-2011 da Magners League, o que supuxo o abandono do Rugby Viadana da Liga Italiana de Rugby. Sendo incapaces de organizar a creación dunha franquía en Roma, propúxose que fose o Benetton Treviso o que accedese á outra praza restante para competir na Magners League, aceptando o club de Véneto, o que supuxo a súa saída da Liga Italiana.

Debido a estes trocos, as prazas reservadas ó campionato italiano para clasificar ós seus equipos para xogar na Heineken Cup desapareceron, xa que serán Aironi Rugby e Benetton Treviso os representantes italianos na máxima competición continental do rugby. Así pois, os 4 equipos mellor clasificados ó cabo da tempada, competirán a seguinte tempada na European Challenge Cup, segunda competición continental.

Como resultado da entrada de Aironi Rugby e Benetton Treviso na Magners League 2010-2011, o campionato italiano baixa un grao na súa importancia e se converte practicamente nunha liga semi-profesional ou de formación de xogadores, como son a liga galesa, a irlandesa ou a escocesa, que xa pasaron hai uns anos por este transo de depreciación.

Formato O presente formato das ligas italianas e a súa estrutura é a seguinte: Campionato di Eccellenza con 10 equipos Serie A: 2 divisións de 12 equipos que xogan os seus partidos a dobre volta Serie B: 4 divisións de 12 equipos que xogan os seus partidos a dobre volta Serie C: divisións rexionais Campionato Sub-19: 3 divisións de 10 equipos que xogan os seus partidos a dobre volta

Campións

1929 Amatori Milano    1930 Amatori Milano 1931 Amatori Milano 1932 Amatori Milano 1933 Amatori Milano 1934 Amatori Milano 1935 Rugby Roma 1936 Amatori Milano 1937 Rugby Roma 1938 Amatori Milano 1939 Amatori Milano 1940 Amatori Milano 1941 Amatori Milano 1942 Amatori Milano 1943 Amatori Milano 1946 Amatori Milano 1947 Ginnastica Torino 1948 Rugby Roma 1949 Rugby Roma 1950 Parma 1951 Rovigo 1952 Rovigo 1953 Rovigo 1954 Rovigo 1955 Parma 1956 Benetton Treviso 1957 Parma 1958 Fiamme Oro 1959 Fiamme Oro 1960 Fiamme Oro 1961 Fiamme Oro 1962 Rovigo 1963 Rovigo 1964 Rovigo 1965 Partenope 1966 Partenope 1967 L'Aquila 1968 Fiamme Oro 1969 L'Aquila 1970 Petrarca 1971 Petrarca 1972 Petrarca 1973 Petrarca 1974 Petrarca 1975 Brescia 1976 Rovigo 1977 Petrarca 1978 Benetton Treviso 1979 Rovigo 1980 Petrarca 1981 L'Aquila 1982 L'Aquila 1983 Benetton Treviso 1984 Petrarca 1985 Petrarca 1986 Petrarca 1987 Petrarca 1988 Rovigo 1989 Benetton Treviso 1990 Rovigo 1991 Amatori Milano 1992 Benetton Treviso 1993 Amatori Milano 1994 L'Aquila 1995 Amatori Milano 1996 Amatori Milano 1997 Benetton Treviso 1998 Benetton Treviso 1999 Benetton Treviso 2000 Rugby Roma 2001 Benetton Treviso 2002 Rugby Viadana 2003 Benetton Treviso 2004 Benetton Treviso 2005 Rugby Calvisano 2006 Benetton Treviso 2007 Benetton Treviso 2008 Rugby Calvisano 2009 Benetton Treviso 2010 Benetton Treviso 2011 Petrarca 2012 Rugby Calvisano 2013 Mogliano Rugby 2014 Rugby Calvisano 2015 Rugby Calvisano

Finais dende o 2002: TempadaCampiónResultadoFinalista2001-2002Rugby Viadana19-12Rugby Calvisano2002-2003Benetton Treviso34-12Rugby Calvisano2003-2004Benetton Treviso22-10Rugby Calvisano2004-2005Rugby Calvisano25-20Benetton Treviso2005-2006Benetton Treviso17-12Rugby Calvisano2006-2007Benetton Treviso28-241Rugby Viadana2007-2008Rugby Calvisano20-3Benetton Treviso2008-2009Benetton Treviso29-20Rugby Viadana2009-2010Benetton Treviso16-12Rugby Viadana2010-2011Petrarca Rugby18-14Rugby Rovigo2011-2012Rugby Calvisano27-22 e 16-14RC I Cavalieri2012-2013Mogliano Rugby16-11RC I Cavalieri2013-2014Rugby Calvisano26-17Rovigo Rugby2014-2015Rugby Calvisano11-10Rovigo Rugby

1 = no tempo engadido

Palmarés por equipos {| class="wikitable" |- ! Equipo ! Gañadas ! Anos nos que gañou |- | Amatori Milano | 18 | 1929, 1930, 1931, 1932, 1933, 1934, 1936, 1938, 1939, 1940, 1941, 1942, 1943, 1946, 1991, 1993, 1995, 1996 |- | Benetton Treviso | 15 | 1956, 1978, 1983, 1989, 1992, 1997, 1998, 1999, 2001, 2003, 2004, 2006, 2007, 2009, 2010 |- | Petrarca | 12 | 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1977, 1980, 1984, 1985, 1986, 1987, 2011 |- | Rovigo | 11 | 1951, 1952, 1953, 1954, 1962, 1963, 1964, 1976, 1979, 1988, 1990 |- | Rugby Roma | 5 | 1935, 1937, 1948, 1949, 2000 |- | Fiamme Oro | 5 | 1958, 1959, 1960, 1961, 1968 |- | L'Aquila Rugby | 5 | 1967, 1969, 1981, 1982, 1994 |- | Calvisano | 5 | 2005, 2008, 2012, 2014, 2015 |- | Rugby Parma | 3 | 1950, 1955, 1957 |- | Partenope | 2 | 1965, 1966 |- | Viadana | 1 | 2002

| Rugby Brescia | 1 | 1975 |- | Ginnastica Torino | 1 | 1947 |- | Mogliano Rugby | 1 | 2013

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup European Challenge Cup Selección de rugby de Italia Torneo das Seis Nacións

Ligazóns externas Sitio Oficial FIR

Categoría:Competicións de clubs de rugby Categoría:Rugby en Italia