James D. G. Dunn, nado en Birmingham o 21 de outubro de 1939 e finado o 26 de xuño de 2020, foi un historiador inglés, especialista no estudo do cristianismo primitivo e do Xesús de Nazaret histórico de tradición anglicana. Traxectoria Catedrático pola Universidade de Durham está vinculado tamén ás Universidades de Glasgow e Cambridge. Tiveron especial relevancia as súas publicacións sobre Paulo de Tarso. Ten publicado unha monumental obra sobre o que denominou o Xesús recordado. Dunn trata de cubrir a lagoa deixada pola investigación histórica que, consonte a súa opinión, non tirou as consecuencias axeitadas de que a transmisión da memoria de Xesús por parte dos que o coñeceron tivo que ser inicialmente oral. Só así se pode descubrir adecuadamente o impacto causado pola figura histórica de Xesús entre os primeiramente chamados ao discipulado. Sobre estas premisas é como se pode reelaborar máis científica e coherentemente a visión da figura histórica de Xesús, a súa misión e os seus efectos.

Obra The evidence for Jesus (1985) Jesus Remembered (2003) Unity and diversity in tha New Testament: An Inquiry into the Character of Erliest Christianity (2006) The New persective on Paul (2007) Beginning from Jesusalem (2009)

Categoría:Historia do cristianismo

Categoría:Historiadores do Reino Unido

Categoría:Escritores en lingua inglesa

Categoría:Nados en Birmingham

Categoría:Nados en 1939

Categoría:Finados en 2020 Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Alumnos da Universidade de Glasgow Categoría:Personalidades sen imaxes