O ASM Clermont Auvergne é un club profesional de rugby da cidade francesa de Clermont-Ferrand, fundado no ano 1911 co nome de Association Sportive Michelin, pola coñecida fábrica de cauchos da localidade, sendo dende os seus comezos unha institución polideportiva na que tamén hai seccións de fútbol, baloncesto, atletismo, ximnasia, tenis, loita, judo e boxeo.
Historia No ano 1922 cambiou o nome polo de Association Sportive Montferrandaise, chamado familiarmente polos seus seguidores L'ASM, e coñecido no mundo do rugby como Montferrand.
O equipo obtivo o ascenso á máxima categoría do rugby francés no ano 1925, e dende entón non descendeu nunca. Malia a súa continua presenza na división de honra francesa, o ASM non foi quen de gañar o seu primeiro título de campión francés ata o ano 2010, despois de ser 10 veces subcampión nos anos 1936, 1937, 1970, 1978, 1994, 1999, 2001, 2007, 2008 e 2009 (feito polo que o club era coñecido coma un perde-finais).
Dende o ano 2004 o club cambiou a súa denominación pola actual de ASM Clermont Auvergne.
Nas competicións europeas o club tivo un éxito relativo ata hoxe, porque aínda que na segunda competición continental (a European Challenge Cup) o club logrou 2 títulos nos anos 1999 e 2007, na máxima competición (a Heineken Cup) o ASM Clermont Auvergne no ten feito nada salientable.
O estadio no que o club xoga os seus partidos como local é o Stade Marcel Michelin, chamado así en honra do fundador do club e da famosa compañía industrial. No campo collen 15 000 persoas.
Neta tempada 2015/16 o club competirá por gañar a Copa de Campións Europea de Rugby e o Top 14 francés.
Títulos Top 14 (1): 2010 Copa de Francia (4): 1938, 1978, 1998, 2001 Challenge Yves du Manoir (3): 1938, 1976, 1986 European Challenge Cup (2): 1999, 2007
Elenco Os seguintes son os xogadores dos Clermont para o Top 14 de 2019−20.
Equipo do Clermont (Top 14)Piliers Etienne Falgoux Beka Kakabadze George Ojovan Rabah Slimani Loni Uhila Davit Zirakashvili
Talonadores Yohan Beheregaray Mike Tadjer John Ulugia
Segunda liña Paul Jedrasiak George Merrick Sitaleki Timani Sébastien Vahaamahina Jacobus van TonderTerceira liña Judicaël Cancoriet Arthur Iturria Alexandre Lapandry Fritz Lee Julien Ruaud Peceli Yato
Medios-melé Charlie Cassang Greig Laidlaw Morgan Parra (c)
Aperturas Camille Lopez Jake McIntyreCentros Peter Betham Wesley Fofana George Moala Apisai Naqalevu Damian Penaud
Ás Samuel Ezeala Rémy Grosso Tim Nanai-Williams Alivereti Raka
Zagueiros Nick Abendanon Isaia Toeava Setariki Tuicuvu (c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Heineken Cup 2010-2011 Morgan Parra
Ligazóns externas Páxina oficial do club
Clermont