A Prva Hrvatska Nogometna Liga (en croata: Primeira Liga Croata de Fútbol), máis coñecida como Prva HNL ou MAXtv Prva Liga por motivos de patrocinio, é a Primeira División da liga de fútbol de Croacia. Creouse en 1991, tras a independencia de Croacia de Iugoslavia. A primeira tempada empezou a disputarse en febreiro de 1992.

Sistema de competición A Prva HNL está organizada pola Federación Croata de Fútbol e ao longo da súa historia cambiou o seu modelo de organización en varias ocasións.

A tempada empeza en xullo e remata en maio, cun descanso entre os meses de decembro e febreiro. Na tempada 2006/07 introduciuse un novo formato, no que participan 12 equipos, que nunha primeira fase enfróntanse entre eles a dobre partido. Tras estas 22 xornadas, xóganse 11 xornadas máis, todos contra todos, pero nun partido único, que se disputaba no campo do equipo mellor clasificado na primeira fase.

Na tempada 2009/10 ampliouse o número de clubs participantes, pasando de 12 a 16.

Na tempada 2012/13 o número de conxuntos participantes regresou a 12.

Na 2013/14 o número de clubs volveuse baixar, desta vez a 10. Dende aquela, o equipo campión obtén praza para a segunda rolda clasificatoria da Liga de Campións da UEFA; o segundo clasificado obtén unha praza para a segunda rolda da UEFA Europa League e o terceiro clasificado para a primeira rolda da mesma competición. O último clasificado descende directamente á Druga HNL.

Equipos da tempada 2014/15 ClubCidadeEstadioCapacidadePosición na 2014/15NK Dinamo ZagrebZagrebEstadio Maksimir39.0791ºHNK Hajduk SplitSplitEstadio Poljud34.4483ºNK Istra 1961PulaEstadio Aldro Dosina10.0006ºNK LokomotivaZagrebEstadio Kranjčevićeva8.8505ºNK OsijekOsijekEstadio Gradski vrt22.0508ºNK RijekaRijekaEstadio Kantrida12.6002ºNK Slaven BelupoKoprivnicaGradski Stadion3.1349ºRNK SplitSplitEstadio Park mladeži4.0754ºNK ZadarZadarEstadio Stanovi6.0007ºNK ZagrebZagrebEstadio Kranjčevićeva8.8501º (2.HNL)

Historial AnoCampiónSubcampiónMáximo goleador 1992 HNK Hajduk Split NK Zagreb Ardian Kozniku (Hajduk Split), 12 goles 1993 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Goran Vlaović (Croacia de Zagreb), 23 goles 1994 HNK Hajduk Split NK Zagreb Goran Vlaović (Croacia de Zagreb), 29 goles 1995 HNK Hajduk Split NK Dinamo Zagreb* Robert Špehar (NK Osijek), 23 goles 1996 NK Dinamo Zagreb* HNK Hajduk Split Igor Cvitanović (Croacia de Zagreb), 19 goles 1997 NK Dinamo Zagreb* HNK Hajduk Split Igor Cvitanović (Croacia de Zagreb), 20 goles 1998 NK Dinamo Zagreb* HNK Hajduk Split Mate Baturina (NK Zagreb), 18 goles 1999 NK Dinamo Zagreb* HK Rijeka Joško Popović (HNK Šibenik), 21 goles 2000 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Tomislav Šokota (Dinamo Zagreb, 21 goles 2001 HNK Hajduk Split NK Osijek Tomislav Šokota (Dinamo Zagreb, 20 goles 2002 NK Zagreb HNK Hajduk Split Ivica Olić (NK Zagreb), 21 goles 2003 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Ivica Olić (Dinamo Zagreb), 16 goles 2004 HNK Hajduk Split NK Dinamo Zagreb Robert Špehar (NK Osijek), 18 goles 2005 HNK Hajduk Split HK Rijeka Tomislav Erceg (NK Rijeka), 17 goles 2006 NK Dinamo Zagreb HK Rijeka Ivan Bošnjak (Dinamo Zagreb), 22 goles 2007 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Eduardo da Silva (Dinamo Zagreb), 34 goles 2008 NK Dinamo Zagreb NK Rijeka Želimir Terkeš (NK Zadar), 21 goles 2009 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Mario Mandžukić (NK Dinamo Zagreb), 16 goles 2010 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Davor Vugrinec (NK Zagreb), 18 goles 2011 NK Dinamo Zagreb HNK Hajduk Split Ivan Krstanović (NK Zagreb), 19 goles 2012 NK Dinamo Zagreb NK Lokomotiva Fatos Bećiraj (NK Dinamo Zagreb), 15 goles 2013 NK Dinamo Zagreb NK Rijeka Leon Benkoj (NK Rijeka), 19 goles 2014 NK Dinamo Zagreb NK Rijeka Duje Čop (NK Dinamo Zagreb), 22 goles 2015 NK Dinamo Zagreb NK Rijeka

(*) como Croacia de Zagreb

Títulos 20: NK Dinamo Zagreb 6: HNK Hajduk Split 1: NK Zagreb 1: HNK Rijeka

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Prva HNL RSSSF - Resultados e clasificacións de todas as tempadas

Categoría:Ligas de fútbol de Croacia Categoría:Ligas de fútbol de primeira división de Europa