The Lion and the Witch é un EP da banda estadounidense de rock alternativo Weezer. Foi gravado no Xapón na primavera do ano 2002 mentres promovían o seu álbum Maladroit, e editado o 24 de setembro do 2002, seis anos xustos despois da aparición de Pinkerton. Distribuíuse como edición limitada de 25.000 copias en tendas de música independentes.

Ao igual que con Maladroit, a comercialización deste EP causou problemas entre Weezer e Geffen Records. A banda quería un EP con oito temas cunha embalaxe única que non fose con caixas de plástico. Geffen díxolles que a súa idea da embalaxe era demasiado cara e o númeiro de cancións tiña que reducirse a seis. Finalmente a idea da embalaxe conservouse, pero foron incluídos seis temas e unha canción oculta, "Polynesia", que abre o disco.

Listaxe de cancións Todos os temas por Rivers Cuomo agás "Polynesia", composta por Scott Shriner. "Dope Nose" (comeza cunha breve interpretación de "Polynesia")- 5:20 "Island in the Sun" - 3:55 "Falling for You" - 4:23 "Death and Destruction" - 4:19 "El Scorcho" - 4:16 "Holiday" - 4:10

Categoría:EPs musicais de 2002