O formaldehido ou metanal é un composto químico, máis especificamente un aldehido (o máis simple deles) que é altamente volátil e moi inflamábel, de fórmula H2C=O.

Historia e características Foi descuberto en 1867 polo químico alemán August Wilhelm von Hofmann. Obtense por oxidación catalítica do alcol metílico. A temperatura normal, é un gas incoloro dun cheiro penetrante, moi solúbel en auga e en ésteres. As disolucións acuosas ao 40% coñécense co nome de formol, que é un líquido incoloro de cheiro penetrante e sufocante; estas disolucións poden conter alcol metílico como estabilizante. Pode ser comprimido até o estado líquido; o seu punto de ebulición é -21 °C. Emprégase como bactericida ou conservante e na fabricación industrial de materiais para a construción e produtos químicos mais tamén en moi pequenas cantidades prodúcese de forma natural no corpo humano . Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España: Ficha internacional de seguridade química do formaldehido.

Categoría:Aldehidos Categoría:Carcinóxenos