Kid A é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado o 2 de outubro do 2000. Foi un éxito comercial en todo o mundo, sendo platino na súa primeira semana no Reino Unido. A pesar de non contar con ningún sinxelo oficial ou vídeo musical parade promoverse, Kid A converteuse na primeira edición de Radiohead en estrearse no número 1 nos Estados Unidos. Este éxito atribúese a unha única campaña de promoción, a filtración do álbum en Internet.
Kid A foi gravado en París, Copenhaguen, Gloucestershire e Oxford co produtor Nigel Godrich. A composición e gravación foi experimental para Radiohead, ao ter un son menos roqueiro e máis electrónico. Influenciada polo Krautrock, o jazz e a música clásica do século XX, Radiohead abandonou as súas composicións con tres guitarras para incluír un rango de instrumentos máis amplo en Kid A, usando teclados, o Ondes Martenot, e, nalgunhas composicións, cordas e metais. Kid A tamén ten letras máis minimalistas e abstractas que o anterior disco da banda.
Kid A foi listada como unha das 50 gravacións máis importantes da década polo programa All Songs Considered da emisora estadounidense National Public RadioNational Public Radio - The 50 Most Important Recordings Of The Decade. A páxina web Rockfeedback situouno no segundo posto da súa lista dos mellores álbums da décadaMellores álbums da década dos 2000 segundo Rockfeedback. Foi tamén colocado no posto 67 da lista da olling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"Rolling Stone - 500 Greatest Albums of All Time.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Radiohead Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de Capitol Records Categoría:Álbums de Parlophone