Earl Boykins, nado o 2 de xuño de 1976 en Cleveland, Ohio, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre.

Traxectoria Universidade Boykins asistiu á Universidade Eastern Michigan dende 1995 até 1998, sendo elixido no mellor quinteto da súa conferencia no seu ano senior e junior. Durante a súa tempada de sénior, Boykins foi, con 26,8 puntos por partido o segundo máximo anotador da NCAA.

NBA Boykins xogou en Cleveland Cavaliers, New Jersey Nets, Orlando Magic, Los Angeles Clippers, Golden State Warriors, Denver Nuggets, Milwaukee Bucks e Charlotte Bobcats. Tamén pasou dous anos na CBA xogando en Rockford Lightning. Cos seus 1,65 m de altura, Boykins é o xogador máis baixo en activo da liga, e o segundo da historia detrás de Muggsy Bogues (1,60 m).

Tras deambular sen rumbo por varios equipos da NBA, Boykins atopou finalmente un contrato garantido en Denver Nuggets en 2004. O rol principal de Boykins sempre foi saír do banco e inxectar enerxía ofensiva ao seu equipo, en parte porque é un dos bases máis rápidos da liga. O 18 de xaneiro de 2005, Boykins bateu a marca de máis puntos nunha prórroga, con 15, aínda que posteriormente Gilbert Arenas superaríao con 16.

O 11 de xaneiro de 2007, Boykins foi traspasado a Milwaukee Bucks a cambio de Steve Blake, onde fixo medias de 14 puntos por noite. Como curiosidade, Boykins é o xogador máis baixo en anotar 30 puntos ou máis. Ao finalizar a tempada, o xogador non renovou e converteuse en axente libre até o 31 de xaneiro de 2008, cando asinou un contrato con Charlotte Bobcats.

Europa O 6 de agosto de 2008 asinou como axente libre polo Virtus Bologna italiano,ESPN.com Cats' Boykins latest NBA player to bolt for Europe, signs $3.5 million deal co que o 26 de abril de 2009 proclamouse campión do EuroChallenge, sendo ademais o máximo asistente da competición.

Regreso á NBA A tempada 2009-10 regresou a Estados Unidos asinando un contrato polos Washington Wizards cos que fixo unha media un total de 7.5 puntos e 2.9 asistencias por encontro. En agosto de 2010 comprometeuse por un ano e 1,3 millóns de dólares cos Milwaukee Bucks que se convertían no seu noveno equipo na NBA.

O 26 de marzo de 2012, asinou cos Houston Rockets.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en nba.com Estatísticas de Earl Boykins

Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores do Virtus Bologna Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Cleveland, Ohio