Kömunikandø é o quinto álbum de estudio do grupo galego de rock Os Diplomáticos de Monte-Alto, publicado en 2003.
Nste disco, o derradeiro do grupo, aparece reducido o nome da banda simplemente a Os Diplomáticos, sendo moi notoria a baixa de Xurxo Souto na voz principal e na composición dos temas. O acordeón perde protagonismo en favor de novos ritmos, sendo a maior parte da temática das letras de crítica social directa.
Lista de cancións "Esperta do teu sono" "Quero ver" "Komunikando" "Están aí!" "Deixa-me subir o alto" "Somos Batuko Tabanka" "Cabo Verde Sabí" "Exiptano" "Serafín" "Tres de trunfos" "Interdepenmerda" "Monte Maior" "A vaca aerofáxica" "Perikinha" (+ bonus track: "Galerna")
Categoría:Álbums musicais de 2003 Categoría:Álbums dos Diplomáticos de Monte-Alto