Vicente Cervera Llorga, nado en La Vila Joiosa (Alacant) o 24 de maio de 1945, é un exfutbolista galego. Xogaba de interior.
Traxectoria Formouse no equipo xuvenil do Villajoyosa, pasando logo ao Alicante, da Terceira División. En 1966 fichou polo Hércules, co que debutou na Primeira División nun partido contra o Pontevedra no campo de La Viña. Xogou 40 partidos co club alacantino nos seguintes dous anos, nos que descendeu dúas veces seguidas, ata a Terceira División.
En 1968 fichou polo Deportivo da Coruña, club no que xogou durante seis campañas, disputando 156 partidos e marcando 21 goles. Viviu co equipo galego tres descensos de categoría e un ascenso a Primeira con Arsenio no banco. Deixou o Deportivo en xuño de 1974, tralo descenso a Terceira División, e sete meses despois asinou co Deportivo Alavés, de Segunda, onde rematou a súa carreira.
Trala súa retirada foi segundo adestrador de Arsenio no Deportivo e dirixiu o Benidorm en Segunda División B.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol .
Categoría:Nados en La Vila Joiosa Categoría:Nados en 1945 Categoría:Futbolistas da Comunidade Valenciana Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Alicante CF Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Alavés Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Benidorm CF