O Premio Cultura Galega das Artes Escénicas é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor no eido das "artes escénicas galegas ou [da] traslación en imaxes e son de creacións narrativas galegas"Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única ediciónA Xunta crea os Premios da Cultura Galega , A Nosa Terra, 5/10/2010.. A diferenza do anterior, concedido a Manuel Lourenzo, este premio non ten dotación económica.
Premiados 2010 - Eduardo Alonso. 2011 - Quico Cadaval. 2012 - Grupo de Teatro Airiños. 2013 - Asociación Abrente - Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. 2014 - Cándido PazóPremios da Cultura Galega 2014. 2015 - María Bouzas. 2016 - Sarabela Teatro. 2017 - Mabel Rivera. 2018 - Festival Internacional Outono de Teatro. 2019 - Os monicreques de Kukas. 2020 - Federación de Teatro Afeccionado de Galicia 2021 - Nova Danza Galega 2022 - Melania Cruz 2023 - PistaCatro 2024 - Marta Pazos 2025 - Mostra internacional de teatro cómico e festivo de Cangas
Notas
Artes Escenicas