O Premio Cultura Galega de Música é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas con "traxectoria vencellada á creación, consolidación ou expansión da música galega, dentro da comunidade ou no exterior."Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única ediciónA Xunta crea os Premios da Cultura Galega , A Nosa Terra, 5/10/2010.. A diferenza do anterior, concedido a Mercedes Peón, este premio non ten dotación económica.miniatura|Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018.|centro Premiados 2010 - Orquestra Sinfónica de Galicia. 2011 - Rogelio Groba. 2012 - Manuel Rodeiro. 2013 - Juan Durán. 2014 - Festival de Ortigueira.Premios da Cultura Galega 2014 2015 - Coro Toxos e Froles. 2016 - Maximino Zumalave. 2017 - Uxía. 2018 - A Roda. 2019 - Amancio Prada. 2020 - Central Folque. 2021 - Natalia Lamas. 2022 - Música en Compostela. 2023 - Banda Unión de Guláns 2024 - Joaquín Martínez 2025 - Bodegas Martín Códax

Notas

Música Categoría:Premios de música