O aguacateco (awakateko) é unha lingua maia de Guatemala. O aguacateco está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Distribución xeográfica A principal concentración dáse no concello de Aguacatán, no departamento de Huehuetenango, onde viven 7.800 aguacatecos.
Escrita e usos sociais Hai publicadas unha gramática e un dicionario. En 1971 completouse a tradución do Novo Testamento. En 1992 constituíuse a asociación Comunidade Lingüística Awakateka, para a promoción da lingua aguacateca e publicación de estudos, que en 2003 tiña 177 membros.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O aguacateco no Ethnologue
Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas de México Categoría:Linguas aglutinantes