300px|miniatura|Vista dos ataques. Os atentados do 11-S ou ataques do 11S foron unha serie de ataques suicidas coordinados, realizados nos Estados Unidos o 11 de setembro de 2001. Segundo o Informe oficial, 19 terroristas pertencentes á organización Al Qaida, dirixida por Osama bin Laden, secuestraron catro avións comerciais, e fixeron chocar dous avións coas Torres xemelgas do World Trade Center en Manhattan, Nova York; pouco despois as dúas torres viñéronse abaixo. O terceiro avión chocou contra o Pentágono, cuartel xeral de defensa dos Estados Unidos, en Arlington, Virxinia. Un cuarto avión caeu nunha zona rural, preto de Shanksville, Pensilvania, presumiblemente despois de enfrontárense os pasaxeiros aos terroristas.

Os ataques foron os atentados terroristas máis mortíferos efectuados nos Estados Unidos, morreron 2.986 persoas, e afectou económica, social, cultural e militarmente aos Estados Unidos e o resto do mundo. Tras estes atentados os Estados Unidos comezaron a guerra contra o terrorismo, que supuxo a fin do goberno talibán de Afganistán.

Os ataques 250px|dereita|miniatura|13 de setembro de 2001: bombeiro de Nova York olla para o que sobrou da Torre Sur do World Trade Center. miniatura|250px|Paisaxe incrible do fume envolvendo os rañaceos. miniatura|250px|Momento do impacto contra o Pentágono.

Os atentados comezan a mañá do 11 de setembro de 2001 cando 19 membros da organización terrorista Al Qaida (entre os cales había catro adestrados para pilotar avións) secuestraron catro voos comerciais que partían dende diversos aeroportos da costa leste dos EUA. Os catro aeroplanos tiñan como destino California polo que os seus depósitos de combustible ían cheos cuns 91.000 litros, 65.455 kg, converténdose así en auténticas bombas incendiarias guiadas.

8:46.30 hora local (12:46.30 UTC): O voo 11 de American Airlines, un Boeing 767-223, incrústase por completo na Torre Norte do World Trade Center (WTC). 9:02.59 hora local (13:02.59 UTC): O voo 175 de United Airlines, un Boeing 767-222, choca contra a Torre Sur. O feito é transmitido en directo por diversas cámaras de televisión que enfocaban ás torres xemelgas a causa da densa fumareda que xurdía da Torre Norte, a primeira en recibir o impacto. 9:37.46 hora local (13:37.46 UTC): O voo 77 de American Airlines, Boeing 757, estrélase no Pentágono. 9:59 hora local (13:59 UTC): Cae a Torre Sur. 10:03.11 hora local (14:03:11 UTC): O voo 93 de United Airlines cae nun campo de Pensilvania cando tripulación e pasaxeiros forcexearon cos terroristas para retomar o control do aparello. (Baseada neste feito, 5 anos máis tarde estreouse unha película titulada United 93). 10:28 hora local (14:28 UTC): Cae a Torre Norte. 13:04 hora local (17:04 UTC): George W. Bush declara a Alerta Máxima. 17:20: cae o edificio 7 de 47 pisos do World Trade Center.El enigmático tercer edificio destruido durante los atentados a las Torres Gemelas del que nadie habla. www.biobiochile.cl. 19:00 Bush chega á Casa Branca. 20:30 Bush fala á nación dende a Casa Branca.

Ningún dos pasaxeiros dos avións secuestrados sobreviviu.

As mortes contáronse por miles, perecendo exactamente 2.973 persoas, incluíndo 246 mortos nos catro aparatos estrelados, 2.602 mortos en Nova York tanto dentro das torres xemelgas como ós seus pés, e 125 mortos dentro do edificio do Péntagono. Entre as vítimas encontrábanse 343 bombeiros, 23 policías do departamento de policía de Nova York e 37 policías da autoridade portuaria de Nova York e Nova Jersey. A día de hoxe aínda permanecen 24 persoas máis entre a lista de desaparecidos.Vítimas .

Á parte das dúas torres xemelgas de 110 plantas cada unha, cinco edificios do World Trade Center resultaron destruídos ou seriamente danados, entre eles o edificio 7 do WTC e o hotel Marriott, catro estacións de metro de Nova York e a igrexa cristiá ortodoxa de San Nicolás. En total, en Manhattan 25 edificios recibiron danos e sete edificios do complexo de negocios de World Trade Center foron arrasados. Máis tarde, un oitavo edificio, o Deutsche Bank Building situado na rúa Libery street tivo que ser demolido por mor de que quedou en condicións que o facían inhabitable. Actualmente está á espera de ser reconstruído. Varios equipos de comunicacións tamén sufriron danos. Sen ir máis lonxe as antenas de telecomunicacións da Torre Norte caeron co seu derrubamento, outras antenas de radio de torres lindeiras resultaron tamén gravemente danadas. En Arlington unha porción do Péntagono foi severamente danada polo lume e o impacto do avión. Ó cabo dun rato unha sección enteira do edificio derrubouse.

Algúns pasaxeiros e membros da tripulación dos avións secuestrados puideron chamar cos seus teléfonos móbiles. Eles informaron de que había varios secuestradores en cada avión. Un total de 19 foron máis tarde identificados polo FBI, catro no voo "United 93" e cinco nos outros tres voos.

Segundo revelaron os testemuños desde dentro do avión os secuestradores tomaran o control dos avións usando simples navallas coas que mataron a azafatas de voo e polo menos a un piloto ou pasaxeiro. Segundo as investigacións da comisión do 11-S tense constancia tamén de que foi usado algún tipo de spray para reter ós pasaxeiros na cabina de primeira clase. Tamén se ameazou coa presenza dunha bomba en tres dos avións, non foi así no American Airlines 77. De acordo coa comisión, pénsase que os avisos de bomba eran probablemente falsos.

No cuarto avión, a caixa negra revelou que os pasaxeiros, despois de coñecer que o resto de avións foran estrelados deliberadamente, trataron de retomar o control dos aparatos ó que os secuestradores reaccionaron movendo o avión nun errado intento para someter ós pasaxeiros. De acordo coa gravación 9-1-1, un dos pasaxeiros, Todd Beamer, pediu ó seu interlocutor que rezara con el antes de que os pasaxeiros intentaran retomar o mando do aparato. Despois de rezar simplemente dixo "Let's roll". Pouco despois o avión estrelouse nun campo próximo a Shanksville en Pensilvania ás 10:03.11 am hora local (14:03.11 UTC). Existe un debate arredor do momento exacto no que o avión chocou contra o chan xa que segundo os rexistros sísmicos o impacto foi rexistrado ás 10:06 am. Posteriormente o líder de al-Qaeda capturado Khalid Shaikh Mohammed dixo que o voo 93 tiña como obxectivo o Capitolio dos Estados Unidos.

Os atentados estenderon a confusión en todos os Estados Unidos. Ó longo do día sucedeuse a publicación de todo tipo de informes e noticias sen confirmar e contraditorias. Unha das máis persistentes foi a de que estalara un coche bomba na sede central do Departamento de Estado dos Estados Unidos, o edificio Trumann de Washington, D.C.. Esta falsa noticia pasou polas axencias de noticias e chegou a ser publicada por varios xornais ese día. Outro informe difundido pola axencia Associated Press afirmaba que o voo 1989, un avión Delta 767 fora tamén secuestrado. A noticia resultou ser tamén un erro, o avión fora considerado brevemente como en risco de secuestro pero finalmente respondeu ós controladores aéreos e finalmente aterrou a salvo no aeroporto de Cleveland, Ohio.

Os secuestradores 19 homes árabes embarcaron nos catro avións, cinco en cada un, excepto o Voo 93 de United Airlines, que tivo catro secuestradores. Dos atacantes, quince eran de Arabia Saudita, dous eran dos Emiratos Árabes Unidos, un era de Exipto, e un do Líbano. En xeral, eran xente con estudos e de familias acomodadas .

A lista completa é: No Voo 11 de American Airlines: Mohamed Atta (exipcio e suposto piloto) Waleed al-Shehri (saudita) Wail al-Shehri (saudita) Abdulaziz al-Omari (saudita) Satam al-Suqami (saudita) No Voo 175 de United Airlines: Marwan al-Shehhi (dos Emiratos Árabes Unidos e suposto piloto) Fayez Banihammad (dos Emiratos Árabes Unidos) Mohand al-Shehri (saudita) Hamza al-Ghamdi (saudita) Ahmed al-Ghamdi (saudita)

no Voo 77 de American Airlines: Hani Hanjour (saudita e suposto piloto) Khalid al-Mihdhar (saudita) Majed Moqed (saudita) Nawaf al-Hazmi (saudita) Salem al-Hazmi (saudita)

No Voo 93 de United Airlines: Ziad Jarrah (Libanés) Ahmed al-Haznawi (saudita) Ahmed al-Nami (saudita) Saeed al-Ghamdi (saudita)

Ataques con ántrax maligno Unha semana despois do 11-S comezaron unha serie de atentados terroristas empregando ántrax, unha bacteria mortal. Durante o curso de varias semanas, os terroristas empregaron o correo para expor ó ántrax a xornalistas, políticos e empregados civís en Nova York, Nova Jersey, Washington DC e Florida. Un total de 22 persoas foron contaminadas con ántrax, das que cinco resultaron mortas.

Estes ataques acentuaron a inseguridade cidadá e o clima de terror producidos polos atentados do 11 de setembro.

Os autores dos ataques nunca puideron ser identificados. O vicepresidente dos Estados Unidos, Dick Cheney, afirmou que non lle sorprendería atopar a Osama bin Laden detrás destes atentados e sostivo que:

Se ben os organismos de seguridade dos Estados Unidos non puideron identificar ós terroristas, o Procurador Xeral John Ashcroft mencionou ó Dr. Steven Hatfill como unha "persoa de interese" potencialmente relacionada cos mesmos, aínda que non se lle levantaron cargos.

Derrubamento das torres

miniatura|300px|Puntos de impacto dos avións a ollo de paxaro. miniatura|300px|Puntos de impacto dos avións nunha vista vertical. A estrutura de construción das torres 1 e 2, tramados de aceiro soldados ás vigas mestras, foron os maiores responsables da forma en que as torres colapsaron. A maior parte do peso de cada edificio descansaba nas vigas centrais, onde estaban as escaleiras e ascensores. O resto do peso distribuíase no perímetro exterior. Aínda que cada piso en si mesmo non soportaba ningún peso, queda clara a súa función de manter dereitas as columnas principais.

A investigación posterior levada a cabo polos expertos finalmente concluíu que ó impactar o avión contra a torre a escuma antiincendios que recubría as vigas principais e que as illaba da calor saíu desprendida polo que tras horas de quecemento estas colapsaron. O inferno desatado dentro dos edificios, polo combustible dos avións subiu a temperatura ata o punto de expor os soportes dos pisos máis danados a temperaturas que, se ben non chegarían a derretelos, debilitáronos de tal forma que xa non puideron soportar o peso dos pisos que sostiñan. O impacto tamén derrubou os muros secos que debían evitar a propagación de incendios no interior do edificio polo que este puido afectar a toda a zona danada con rapidez. As vigas que aguantaron o punto de impacto debían soster un peso moito maior xa que moitas rompéranse ou torcéranse polo choque. Así, coa deformación producida pola calor terminaron por ceder. O derrubamento das torres debeuse pois ó efecto combinado do impacto e do incendio posterior.

A medida que os tramados de cada piso cedían, medraba de xeito alarmante a presión sobre o perímetro exterior e sobre a mesma base central. O peso era soportado por cada vez menos vigas, e as que quedaban en pé cada vez perdían máis resistencia polo efecto da calor contra a que non estaban protexidas debido ó desprendemento da escuma illante. Chegou un momento no que o peso dos pisos que tiñan enriba foi o suficientemente forte, as columnas e vigas externas cederon de maneira explosiva derivando no choque dos pisos superiores contra os pisos inferiores, que iniciaron un derrube graduado no que os pisos ían cedendo a medida que lles caía enriba o peso dos bloques superiores.

Unha das consecuencias máis dramáticas do choque é que en ámbalas torres as escaleiras de acceso quedaran cortadas impedindo así toda posibilidade de salvación ás persoas que quedaran atrapadas nos pisos superiores ós puntos de impacto dos avións.