miniatura|300px|dereita|Sinal da cidade de Wincanton, irmanada coa cidade do Mundodisco de Ankh-Morpork. O Discworld (en galego, Mundodisco) é unha creación do escritor Terry Pratchett. Trátase dun mundo consistente nun disco plano (rodeado por unha fervenza que flúe sen parar) que atravesa o espazo ao lombo de catro elefantes (Gran T'Phon, Tubul, Berilia e Jerakeen) que, á súa vez, viaxan sobre a coiraza dunha tartaruga mariña (Gran A´Tuin), a cal nada lenta e maxestosamente polo espazo. Un pequeno sol da voltas ao redor de Gran A'Tuin proporcionándolle ao Disco luz e calor. Está recollido na mitoloxía india un esquema do universo semellante.

O sexo da tartaruga é un misterio para os habitantes do disco, e o motivo de non poucos debates e discusións entre os astrozoólogos acerca de que posición ocupará cando, na súa viaxe estelar, se atope con outra tartaruga de distinto sexo (sempre é moi importante saber se será a tartaruga de arriba ou a de abaixo durante o apareamento).

Dende que se publicou a primeira novela, The Colour of Magic, en galego A cor da maxia, en 1983, a serie expandiuse para xerar libros e mapas relacionados co Discworld, adaptacións teatrais radiofónicas, series de debuxos animados, videoxogos, relatos curtos, música e adaptacións televisivas con personaxes reais.

Xeografía

Na xeografía do Discworld, as direccións cardinais non se expresan igual cás nosas (norte, sur, leste e oeste). Nun punto calquera do Discworld podemos estar mirando en dirección ao centro (dirección Eixe) ou cara a fóra (dirección cara á Beira). As dúas direccións perpendiculares ás anteriores son Dextro e Levo (xiro e contraxiro), xa que o Discworld xira sobre o seu eixe para que se sucedan as estacións. O clima na Beira é cálido, e vaise arrefriando a medida que nos movemos en dirección Eixe (cara ao centro).

Os deuses máis importantes deste mundo viven en Cori Celesti, a inmensa montaña nevada situada xusto no centro.

O Mar Circular, que como o seu propio nome indica, é un mar redondo, está rodeado por numerosos pobos, os cales forman parte do "mundo civilizado" (que segundo a definición do autor son os pobos bárbaros con diñeiro abondo como para poder manter os historiadores). Alí aséntanse Klatch, Omnia, Djelibeibi, Efebia e a cidade-estado de Ankh-Morpork (onde se atopa a Universidade Invisible e transcorren a maioría das novelas).

No outro hemidisco atópase o enorme Counterweight Continent (Continente Contrapeso), onde se encontra o rico e poderoso Imperio Ágata. A súa existencia estaba en dúbida ata que, ao principio de The Colour of Magic, se presenta en Ankh-Morpork o primeiro turista proveniente da rica nación.

A Maxia miniatura|Terry Pratchett, autor das novelas de Discworld. Da mesma maneira en que o noso universo está sometido ás leis da física, no Mundodisco é a maxia a que o rexe todo. O Discworld é un planeta na beira da imposibilidade, e soamente a maxia permite que exista. De feito, este mundo creouse mediante oito conxuros. Unha diferenza importante respecto ao noso universo é a existencia dun elemento que se suma os habituais: o narrativium. Un cabaleiro termina sempre derrotando ó dragón e salvando á princesa porque o narrativium intervén como catalizador.

O número oito é o número da maxia, e está presente alí onde ela intervén. Ademais, a semana ten oito días e existen oito estacións do ano. Os magos non poden pronunciar este número para evitar provocar efectos devastadores sobre o mundo, aínda que esta prohibición, estrita nas primeiras novelas, reláxase a medida que avanza a serie.

Outro elemento de perigo é a descendencia dos magos. O oitavo fillo dun oitavo fillo está especialmente capacitado para a maxia, e é por isto que os magos son célibes. Esta premisa dá lugar ó argumento de Sourcery.

Outra característica propia é que o son viaxa a maior velocidade que a luz, xa que esta se deslza lentamente debido ao campo máxico que rodea o disco. O lugar onde máis lento viaxa é nos profundos vales do pequeno e montañoso pais de Lancre, unha zona na que a maxia está presente en todas partes, e onde abundan as bruxas (entre elas Granny Weatherwax, Nanny Ogg e Magrat Garlick) e é tamén a terra natal do arquichanceler Mustrum Ridcully da Universidade Invisible.

Lista de novelas

N°NomePublicadoArco argumentalTemas1The Colour of Magic1983RincewindClixés do xénero fantástico, H. P. Lovecraft, turismo, seguros, Dungeons & Dragons2The Light Fantastic1986RincewindTurismo, Apocalipse, Conan o Bárbaro3Equal Rites1987As Bruxas, os MagosFeminismo, física cuántica 4Mort1987MorteA Morte e a súa personificación, aprendiz5Sourcery1988Rincewind, os MagosApocalipse, Khublai Khan, Aladino,Sourcery annotations at lspace.org As mil e unha noites6Wyrd Sisters1988As Bruxas (Witches)Shakespeare (especialmente Macbeth e Hamlet), o Globe Theatre, A Bela Dormente7Pyramids1989DeusesMitoloxía exipcia, física cuántica, filosofía grega (incluíndo paradoxos de Zenón), exame de conducir británico8Guards! Guards!1989The City WatchNovelas policiais, exposicións caninas, dragóns, aristocracia, sociedades secretas9Faust Eric1990RincewindFausto, Inferno de Dante, A Ilíada de Homero10Moving Pictures1990As Bruxas (Witches)Hollywood (especialmente as películas mudas), os mitos Cthulhu, celebridades, King Kong, Gone with the Wind e moitos outros filmes11Reaper Man1991Morte, os MagosA morte e a súa personificación, invasión alieníxena, ciencia ficción, Man with No Name, westerns, movementos dos dereitos das minorías, consumismo12Witches Abroad1991As Bruxas (Witches)The Wonderful Wizard of Oz, contos de fadas (especialmente fadas madriñas), O Hobbit, Vodú, turismo, esperanto13Small Gods1992Monxes da historiaRelixións abrahámicas, a Inquisición española, Nietzsche), filosofía antiga14Lords and Ladies1992As Bruxas (Witches), os Magos (Wizards)Shakespeare (especialmente O soño dunha noite de San Xoán), ovnis, fadas15Men at Arms1993The City WatchNovelas policiais, políticas de armas, racismo.16Soul Music1994Morte, os Magos (Wizards)Música rock, Beatlemanía, subcultura punk, Festival Woodstock , o galés, The Blues Brothers17Interesting Times1994Rincewind, os Magos (Wizards)Imperio chinés, maoísmo, LemmingsInteresting Times annotations at lspace.org 18Maskerade1995As Bruxas (Witches)Ópera, A pantasma da ópera, subcultura gótica19Feet of Clay1996The City WatchNovelas policiais, robots, I, Robot, golem (mitoloxía), ateísmo, relacións entre diferentes razas, heráldica, escravitude e servidume20Hogfather1996Death, os Magos (Wizards)Nadal, mitoloxía, Mary PoppinsHogfather annotations at lspace.org 21Jingo1997The City WatchGuerra, diplomacia, imperialismo, xenofobia, multiculturalismo, Lawrence de Arabia, patriotismo, Capitán Nemo, os mitos Cthulhu, o asasinato de John F. Kennedy22The Last Continent1998Rincewind, os Magos (Wizards)Australia (Mad Max, salvaxes de autoestrada, The Adventures of Priscilla, Queen of the Desert; aborixes australianos, Dreamtime)The Last Continent annotations at lspace.org , evolución, creación23Carpe Jugulum1998As Bruxas (Witches)Vampiros, existencialismo24The Fifth Elephant1999The City WatchDiplomacia, folclore e literatura de Europa do leste, novelas de conspiracións políticas, economía global, mitos rexionais, homofobia, The Fifth Element25The Truth2000The City WatchEscándalo Watergate, periódicos, crime organizado, prensa sensacionalista, oligarquía, Pulp Fiction26Thief of Time2001Death, monxes da historiaArtes marciais, misticismo monástico primitivo, física cuántica, ensinanza, os catro xinetes da Apocalipse, Beatles, os amantes do chocolate, James Bond (especialmente Q the gadgeteer)27The Last Hero2001RincewindLendas, Prometeo, Dungeons & Dragons, Programa Apollo28The Amazing Maurice and his Educated Rodents2001Unha novela xuvenil ambientada en Discworld; gañadora no 2001 do Carnegie MedalO frautista de Hamelín, Beatrix PotterThe Amazing Maurice and his Educated Rodents annotations at lspace.org 29Night Watch2002The City Watch, monxes da historiaNovela policial, Les Misérables,Night Watch annotations at lspace.org , viaxes a través do tempo, revolucións30The Wee Free Men2003Tiffany AchingFolclore, Escocia, Pitufo31Monstrous Regiment2003The City WatchCancións folks, Xoana de Arco, travestismo en tempos de guerra, as guerras napoleónicas e outras guerras, nais solteiras, talibáns, feminismo, pacifismo32A Hat Full of Sky2004Tiffany Aching, as bruxasA historia e o folclore das bruxas en Gran Bretaña, o control da mente por extraterrestres na ciencia ficción33Going Postal2004Moist von LipwigPolíticos, scam, crime corporativo e prácticas de negocios, monopolios, correos e o coleccionismo de selos, a Internet, hackers e phreakers, fraternidades, medicinas alternativas, golems34Thud!2005The City WatchNovelas policiais, política, discriminación positiva, relacións entre razas, xadrez e xogos de taboleiro xogos, The Da Vinci Code35Wintersmith2006Tiffany Aching, as bruxasA raíña da neve (Sneedronningen, conto de Hans Christian Andersen), Orfeo, Perséfone, A Bela Dormente36Making Money2007Moist von LipwigPadrón ouro vs. diñeiro fiduciario, simulación por ordenador, fraude, golems37The Unseen Academicals2009Os Magos (Wizards), Mustrum RidcullyAsociacións de fútbol38I Shall Wear Midnight 2010Tiffany Aching39Snuff 2011The City Watch (Sam Vimes)Racismo, nobreza, novela policial. Terceiro libro vendido máis rápido na súa primeira semana de publicación.40Raising Steam 2013Moist von Lipwig, Ankh-Morpork, The City WatchFerrocarril, Fanatismo relixioso41The Shepherd's CrownAgosto 2015Tiffany Aching

Historias curtas Turntables of the Night (1989), atópase en InternetTurntables of the Night. Troll Bridge (A ponte do troll)(1992): Publicada orixinalmente en After the King. É unha historia curta do Discworld con Cohen o Bárbaro preparándose para matar un trol nun combate singular. Theatre of Cruelty (Teatro de Crueldade) (1993): Este relato curto publicouse por primeira vez na revista WH Smith's Bookcase. Nel, a Garda da Cidade investiga un asasinato relacionado cos espectáculos de rúa de marionetas, e está situado cronoloxicamente entre as novelas Guards! Guards! e Men at Arms. O relato está traducido ó castelán e dispoñible en Internet con permiso do autorTeatro de Crueldad, un cuento corto del Mundodisco e en versión orixinal enTheatre of Cruelty e Death and What Comes Next en Lspace.org The Sea and Little Fishes(O Mar e os Peixiños) (1998): A historia trata da Competición de Bruxería de Lancre, e en particular da participación de Granny Weatherwax nela. Death and What Comes Next(A morte e o que ven despois) (2002): É unha historia curta acerca da Morte e as súas reflexións acerca da inhabitabilidade da morte. Dispoñible en inglésDeath and What Comes Next en L-Space A Collegiate Casting-Out of Devilish Devices (2005): Unha historia curta cos Magos como protagonistas, e o nomeamento do Sr. A. E. Pessimal (quen ten un papel importante no libro Thud!) como inspector gobernamental do Patricio na Universidade Invisible.

Novelas futuras Pratchett deu algúns detalles sobre as novelas coas que pretendía continuar a serie: Scouting for trolls:O título fai referencia ó libro Exploración para rapaces, o primeiro libro publicado dos Boyscouts unha novela centrada nun personaxe novo.

Notas

Categoría:Discworld Categoría:Planetas ficticios