Castiñeiro de Pumbariños, no Souto de Rozavales (monumento natural de Galicia), calcúlase que ten máis de 1.000 anos de idade.|250px|miniatura miniatura|<center>Monumento natural Cono de Arita, en Salta, Arxentina.|250px Un monumento natural é un elemento da natureza que ten un valor paisaxístico, xeolóxico, histórico ou social e é único a causa da súa rareza, das súas cualidades estéticas, ou do seu significado cultural.Os monumentos naturais están nalgúns países suxeitos a unha protección legal, que define as características dos monumentos, identifícaas, e realiza o inventario dese patrimonio para logo reforzar a protección ofrecida.

En España En España, un Monumento Natural é unha figura de protección legal establecida pola lei 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

No seu artigo número 33 a devandita lei establece a definición dos Monumentos Naturais tal como segue: Os Monumentos Naturais son espazos ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, que merecen ser obxecto dunha protección especial. Consideraranse tamén Monumentos Naturais as árbores senlleiras e monumentais, as formacións xeolóxicas, os xacementos paleontolóxicos e mineralóxicos, os estratotipos e demais elementos da xea que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos, culturais ou paisaxísticos. Nos Monumentos con carácter xeral estará prohibida a explotación de recursos, salvo naqueles casos que por razóns de investigación ou conservación se permita a mesma, previa a pertinente autorización administrativa.

Monumentos Naturais en Galiza De acordo coa lei 42/2007 a Xunta de Galicia desenvolve a figura de protección, declarando sete espazos como Monumentos Naturais en Galicia. En 2012 ampliouse a listaxe a oito: Praia das Catedrais en Ribadeo, Provincia de Lugo. Carballa da Rocha en Rairiz de Veiga, Provincia de Ourense. Costa de Dexo-Serantes en Oleiros, Provincia da Coruña. Fraga de Catasós en Lalín, Provincia de Pontevedra. Pena Corneira en Leiro, Carballeda de Avia e Avión, Provincia de Ourense. Souto da Retorta en Viveiro, Provincia de Lugo. Souto de Rozabales en Manzaneda, Provincia de Ourense. Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós en Quiroga, Provincia de Lugo, declarado en 2012."Decreto 120/2012, do 26 de abril, polo que se declara monumento natural o pregamento xeolóxico de Campodola-Leixazós (Quiroga)"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Definiciòn no glosario da European Environment Agency (EEA) A European Environment Agency (EEA) é unha axencia da Unión Europea.