Milán (en italiano Milano, Milàn no lombardo occidental) foi unha provincia da rexión da Lombardía (Italia), con capital na cidade de Milán. O 1 de xaneiro de 2015 foi substituída pola Cidade metropolitana de Milán.Città metropolitane, province e unioni di comuni: cosa cambia, governo.it

Antes da creación da provincia de Monza e Brianza, a provincia de Milán tiña unha área de 1.984 km², unha poboación duns 3.707.000 habitantes, e contaba con 189 comunas. A nova provincia de Monza e Brianza creouse en 2009 con parte da provincia de Milán, con 55 concellos e uns 750.000 habitantes nunha área duns 400 km².

Limitaba polo norte coa provincia de Varese e a provincia de Monza e Brianza, polo leste coa provincia de Bérgamo, polo sueste coa provincia de Cremona e a provincia de Lodi, polo suroeste coa provincia de Pavia, e polo oeste coa provincia de Novara (Piemonte). Tamén ten un exclave, a comuna de San Colombano al Lambro, entre as provincias de Lodi e Pavia.

Notas

Véxase tamén

Outros aritigos Provincia de Monza e Brianza Cidade metropolitana de Milán

Ligazóns externas Provincia di Milano

Milán Milán