Cremona (Cremùna no cremonés) é unha provincia da rexión da Lombardía, en Italia. A súa capital é a cidade de Cremona.

Ten unha área de 1.771 km2, e unha poboación de 335.950 habitantes (2001). Hai 115 municipios na provincia.

Fai fronteira a norte coa provincia de Bérgamo e a de Brescia, a leste coa provincia de Mantua, a sur coa rexión da Emilia-Romaña (provincias de Parma e Piacenza) e a oeste coa provincia de Lodi e coa provincia de Milán.

Véxase tamén Ligazóns externas Provincia di Cremona