A palabra caixa pode facer referencia a :
Recipiente unha caixa, un recipiente con tapa; unha caixa forte, é un compartimento reforzado para protexer bens; a caixa negra dun avión é un dispositivo que rexistra a súa actividade; unha caixa de ferramentas é un recipiente para conter ferramentas. un cadaleito, caixa onde se introduce o cadáver que vai ser enterrado.
Música e son unha caixa de música é un aparello mecánico que executa música; a caixa, un instrumento musical da familia dos tambores; a caixa andina, un tambor folclórico; unha caixa de resonancia é un elemento co que se amplifican ou modulan os sons.
Na natureza coñécese como caixa a un tipo de froito seco dehiscente pluricarpelar sincárpico; adóitase denominar caixa torácica ao tórax, parte do corpo; que se atopa entre o pescozo e o abdome.
Mitoloxía a caixa de Pandora foi unha caixa que entregou Hermes a Pandora con todas as desgrazas humanas dentro;
Ademais a caixa de aforros, unha institución bancaria; a caixa de cambios, un aparello mecánico do sistema de propulsión do automóbil; a caixa rexistradora, unha máquina utilizada para cobrar e devolver cambio nas tendas e establecementos comerciais;