Refused é unha banda sueca de hardcore punk procedende de Umeå, formada no ano 1991. O grupo está formado polo vocalista Dennis Lyxzén, o batería David Sandström, o guitarristas Kristofer Steen e o baixista Magnus Flagge. O guitarrista Jon Brännström tocou con Refused dende 1994 ata que foi despedido a finais de 2014. As súas letras teñen unha perspectiva revolucionaria de esquerdas, e tratan os temas da moralidade clasista e burguesa, a represión autoritaria, a homofobia, os dereitos dos animais, a prensa, e a inutilidade da "democracia representativa".

A banda editou cinco EPs e tres álbums antes de separarse en 1998. A revista Kerrang! situou ao seu álbum The Shape of Punk to Come no número 13 da súa lista do 50 álbums máis importantes de todos os tempos. O álbum tamén foi nomeado por varios críticos coma o mellor álbum de hardcore de todos os tempos. Varios meses de intensa xira e tensións internas remataron coa disolución da banda, despois de que o seu derradeiro concerto nos Estados Unidos fose disolto pola policía. Despois do fin do grupo Lyxzén pasou a liderar a banda de garage rock The (International) Noise Conspiracy.

En xaneiro do ano 2012 a banda anunciou a súa reunión, confirmando a súa actuación nos festivais de Coachella, Rock am Ring, Primavera Sound, Way Out West Festival ou Resurrection Fest entre outros. Tras realizar unha xira de case un ano a banda entrou en hiato novamente, pero anunciou unha nova reunión en novembro de 2014. Tras a reunión Refused publicou dous novos álbums de estudio, Freedom en 2015 e War Music en 2019.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo This Just Might Be the Truth 1994 Startrec, Burning Heart Songs to Fan the Flames of Discontent 1996 Victory The Shape of Punk to Come: A Chimerical Bombination in 12 Bursts 1998 Burning Heart Records Freedom 2015 Epitaph Records War Music 2019 Spinefarm Records, Search and Destroy

Recompilatorios The E.P. Compilation - 1997/2002 (Burning Heart Records) The Demo Compilation - 1997 (Burning Heart Records)

Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de art punk Categoría:Grupos musicais de Umeå Categoría:Grupos musicais formados en 1991 Categoría:Grupos musicais separados en 1998 Categoría:Grupos musicais reunidos en 2012 Categoría:Artistas de Burning Heart Records