Sukhumi ou Sokhumi (სოხუმი, Sokhumi en xeorxiano, Аҟəа, Aqua en abkhazo, Сухум(и), Sukhum(i) en ruso) é a capital e principal cidade de Abkhazia, estado De facto independente, recoñecido por Rusia e reclamado como República Autónoma pertencente a Xeorxia. Segundo o censo de (1989), tiña unha poboación de 121.406 habitantes, pero tras a Guerra de Abkhasia, a súa poboación reduciuse notablemente quedando en 43.716 en 2003 segundo o último censo.Resultados do censo 2003 (en Ruso)

Descrición miniatura|esquerda|200px|Xardín botánico en Sukhumi. Está localizada nunha ampla baía do Mar Negro ao oeste de Xeorxia e serve como porto, estación ferroviaria e un lugar de descanso. É coñecida polas súas praias, sanatorios, spas de auga mineral e clima semitropical. Posúe un importante aeroporto, o Aeroporto Sukhumi Dranda. Contén unha gran cantidade de hoteis. Posúe xardíns botánicos históricos, establecidos en 1840. Ata 1992 era unha cidade multicultural, onde se falaban nove linguas diferentes. Na actualidade, a cidade está composta por un 56 % de abkhazos, un 17 % de rusos e un 13 % de armenios, segundo o censo de 2003.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Xardín Botánico de Sukhumi

Ligazóns externas Páxina oficial da cidade

Categoría:Capitais de Asia Categoría:Cidades de Abkhazia Categoría:Cidades de Xeorxia Categoría:Capitais de Europa