Nicole Fiorentino, nada en 1979 en Ludlow, Massachusetts, é unha baixista estadounidense.

Traxectoria No ano 2010 foi elixida como baixista da banda de rock alternativo The Smashing Pumpkins, substituíndo a Ginger Reyes. Nicole está traballando no novo álbum da banda, Teargarden by Kaleidyscope, e tamén xirará co grupo.

Antes de unirse a The Smashing Pumpkins tocou nas bandas Radio Vago (que xirou con artistas coma Yeah Yeah Yeahs, Sleater-Kinney, The Mars Volta, The Donnas, The Breeders ou Andrew WK), Veruca Salt, Spinnerette, e as bandas locais dos Ánxeles Twilight Sleep e Light FM. Tamén ten un proxecto paralelo coa multi-instrumentista Meghan Toohey chamado The Cold and Lovely.

En febreiro do 2011 Billy Corgan posteou no seu Twitter, e tamén foi posteado no Facebook da banda, que Nicole afirma ser unha das dúas nenas da portada do Siamese Dream, pero que non o dixo antes por se non lle permitían entrar na bandaAnuncio da nova en Facebookhttp://twitter.com/Billy.

Notas

Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América Categoría:Membros de The Smashing Pumpkins Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Ludlow, Massachusetts Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana