A Quinza é unha aldea da parroquia de Ventosela no concello ourensán de Ribadavia, na comarca do Ribeiro. Segundo o IGE, en 2023 tiña 65 habitantes (32 homes e 33 mulleres).
Historia No ano 1196 a condesa Urraca Fernández doou á catedral compostelá a súa parte da Quinza, onde se constituíu a famosa bodega da Canónica, que o cabido de Compostela posuíu ata a desamortización do XIX.
Xeografía A aldea atópase na beira leste do río Avia, a 1,1 quilómetros Ribadavia e a 1,8 de Ventosela.
A zona ten coma extremo sur a N-120, polo norte e polo oeste o río antes citado e polo leste, bosques.
O lugar posúe dúas partes facilmente diferenciadas. Unha delas atópase no norte, xusto á beira do río, a maior característica desta zona é as súas casas apiñadas nunha extensión pequena aproximadamente circular. A outra, está no sur, cunha núcleo bastante máis pequeno de casas xuntas e algunhas dispersas. Estas dúas zonas distan 100 metros aproximadamente. En xeral, a vista da aldea ofrece unha zona diseminada con pequenos núcleos de poboación.
Poboación O envellecemento da poboación non pasa por alto esta aldea, aínda que existen residentes de vacacións (verán, Nadal, fins de semana etc.) que lle dan algo de vida á aldea.
No ano 2000 vivían na Quinza 92 veciños (44 homes e 48 mulleres). O pico de habitantes nos últimos anos logrouse no 2001 con 95 residentes. Mantívose por con leves subas e baixas (sen baixar das 90 persoas) ata 2005 (con 88 rexistrados).
Evolución da poboación no período 2000-2012: Ano 2000 2005 2010 2012 Habitantes 92 88 68 61 Variación (%) - -4,3% -22,7% -10,3%
Entre o ano 2000 e 2012, a poboación da Quinza diminuíu un 32,6 %.
Comunicacións A N-120 constitúe o eixe principal de circulación para os habitantes, dende este vial pódese acceder ao casco urbano de Ribadavia, á A-52, ao resto da parroquia ou ao veciño concello de Castrelo de Miño. Unha ponte sobre o Avia comunica a aldea coa parroquia lindeira de Regodeigón, dende a que se pode ir cara aos veciños Carballeda de Avia, Leiro ou O Carballiño. Tamén hai un amplo sendeiro que da acceso á principal zona recreativa do concello (xa no casco urbano de Ribadavia. Aquí sitúanse as piscinas públicas un amplo parque, pistas de tenis, un campo de fútbol etc. Debido á proximidade da capital do concello ao lugar, moita xente camiña ou vai en bicicleta por esta ruta para chegar á vila.
Servizos Unha gasolineira e algún establecemento hostaleiro constitúen os lugares comerciais da Quinza.
A asociación de veciños A Quinzana é a única do lugar, que agrupa tanto a residentes de todo ano como a residentes de vacacións (verán, fins de semana).
Lugares e parroquias Lugares de Ventosela
Parroquias de Ribadavia
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadavia
Categoría:Lugares de Ribadavia