O Estadio Peter Mokaba en Polokwane, Suráfrica, é un campo de fútbol con capacidade para 46.000 espectadores, construído para a Copa Mundial de Fútbol de 2010. Foi inaugurado en 2010.

Historia Trátase dun do cinco novos estadios construídos para o Campionato do Mundo de 2010, e atópase no Complexo Deportivo Peter Mokaba. Está situado aproximadamente a 5 km do centro da cidade, e a súa capacidade para o campionato será de 46.000 espectadores.

O complexo deportivo leva o nome do falecido Peter Mokaba, un soado activista político da sección xuvenil do Congreso Nacional Africano durante o apartheid. Nacera e vivira en Polokwane, e foi moi recoñecido polo seu espírito de loita e liderado contra o racismo. Ademais, dáse a circunstancia de que foi situado na provincia de Limpopo, a de maior cantidade de futbolistas federados de todo o país.

Características A forma da grande estrutura de formigón está inspirada nunha árbore local chamada Baobab, cunha estrutura de aceiro que suxeita o teito plano desde cada esquina do estadio, e co apoio nuns troncos sobre os que se asentan as ramplas de circulación vertical. As instalacións foron organizadas para ofrecer un cómodo acceso, estacionamento e circulación dos afeccionados que asisten aos encontros tanto de fútbol como de rugby que se poderán disputar no seu interior.

Copa do Mundo 2010

Partidos Albergou durante o campionato catro partidos, todos eles da fase de grupos. Os encontros foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores 13 de xuño Primeira rolda Alxeria 0 - 1Eslovenia 30.325 17 de xuño Primeira rolda Francia 0 - 2 México 35.370 22 de xuño Primeira rolda Grecia 0 - 2 Arxentina 38.891 24 de xuño Primeira rolda Paraguai 0 - 0 Nova Zelandia 34.850

Notas

Véxase tamén Outros artigos Copa Mundial de Fútbol de 2010

Ligazóns externas

Estadio Peter Mokaba en fifa.com

Peter Mokaba Peter Mokaba