As ulmáceas (Ulmaceae) son unha familia de árbores caducifolias e arbustos da orde Rosales.

Descrición Teñen follas simples alternas, a miúdo asimétricas, con estípulas caducas. Flores na súa maioría hermafroditas; monoclámideas; cáliz con 4 - 9 sépalos soldados; con 4 - 6 estames episépalos; xineceo bicarpelar, sincárpico, con dous estigmas patentes; comunmente agrupadas. Froito en sámara ou en drupa arredondada.

Sistemática Está composta por unhas 140 especies das zonas tépedas subtropicais e tropicais do hemisferio norte, dous xéneros en Europa.

O nome da familia Ulmaceae provén desde 1815 Charles François Brisseau de Mirbel en Elem. Physiol. Veg. Bot., 2, S. 905. O xénero tipo é Ulmus L. (os umeiros). A familia das Ulmáceas durante moito tempo só tivo dúas subfamilias: Ulmoideae e Celtidoideae dentro da ordo Urticales. Estudos de xenética molecular revelaron que as seis ou sete familias e 2.600 especies da anterior ordo Urticales pertencían á orde Rosales. Resultou que a subfamilia Celtidoideae, cos xéneros Aphananthe, Celtis, Gironniera, Pteroceltis e Trema non se asocian xa á subfamilia Ulmoideae,S. J. Wiegrefe, K. J. Sytsma & R. P. Guries: The Ulmaceae, one family or two? Evidence from chloroplast DNA restriction site mapping. en Plant Systematics and Evolution, 210, 1998, S. 249-270.K. K. Ueda & Kosuge H. Tobe: A molecular phylogeny of Celtidaceae and Ulmaceae (Urticales) based on rbcL nucleotide sequences. en Journal of Plant Research, 110, 1997, S. 171-178. senón que eses xéneros que se enmarcaban na subfamilia Celtidoideae pertencen en realidade ás Cannabaceae.Kenneth J. Sytsma, Jeffery Morawetz, J. Chris Pires, Molly Nepokroeff, Elena Conti, Michelle Zjhra, Jocelyn C. Hall & Mark W. Chase: Urticalean rosids: circumscription, rosid ancestry, and phylogenetics based on rbcL, trnL-F, and ndhF sequences., en American Journal of Botany, 2002, 89, S. 1531-1546: Online.

Familias relacionadas dentro da orde Rosales:

Na familia das Ulmáceas hai actualmente só sete xéneros con preto de 35 especies Ampelocera Klotzsch: Con polo menos tres especies no Neotrópico. Hemiptelea Planch.: Co seguinte tipo: Hemiptelea davidii (Hance) Planch.: É orixinario da China e Corea.. Holoptelea Planch.: Con arredor de dúas especies na África tropical. Phyllostylon Capan. ex Benth. & Hook. f.: Con dúas especies no Neotrópico. Planera J.F.Gmelin: O único tipo: Planera aquatica J.F.Gmelin: Procede do sueste dos Estados Unidos. É o "Falso sándalo". Ulmus L.: Con 20-30 especies. Os seus froitos son sámaras, onde a semente está no centro da á. Zelkova Spach: Con cinco a sete especies.

Notas

Véxase tamén