Os New England Patriots son un equipo profesional estadounidense de fútbol americano con sede na rexión da área metropolitana de Boston, Massachusetts. Forman parte da National Football League (NFL) como membros da American Football Conference (AFC) na súa División Leste. O equipo xoga os seus partidos como local no Gillette Stadium, situado na localidade de Foxborough, a cal está situada a 34 km ao suroeste do centro de Boston e 32 km ao nordés de Providence, Rhode Island. A sede do club está tamén situada no Gillette Stadium.
Membro orixinal da American Football League (AFL), os Patriots uníronse á NFL en 1970 grazas á fusión de ambas competicións. Ao ano seguinte, tras trasladar a súa sede a Foxborough, o club muda o seu nome orixinal: Boston Patriots. A franquía xogou entón no Foxboro Stadium desde 1971 até 2001, traslandándose ao seu actual estadio ao comezo da temporada 2002. O principal equipo rival dos Patriots son os New York Jets, con quen manteñen unha das rivalidades máis encarnizadas da NFL.
Os Patriots participaron en nove Super Bowls ao longo da súa historia, sete das cales son a partir da chegada á franquía do adestrador Bill Belichick e o quarterback Tom Brady no ano 2000. Desde aquela convertéronse nun dos equipos máis existosos da historia da NFL, gañando dezaseis títulos da AFC Leste en dezaoito anos desde 2001, con todas as temporadas rematadas con máis vitorias que derrotas. bateron, ademais, moitos récords, incluíndo o maior número de vitorias nun período de dez anos (126 no período 2003–2012), unha temporada perfecta con 16 vitorias e ningunha derrota, a maior xeira de vitoiras consecutivas da historia da NFL (contando liga regular e playoffs) con 21, e a maior xeira de títulos de división consecutivos con 10 (2009−2019). Ademais, o tándem Belichick-Brady posúe o récord de máis Super Bowls disputadas polo mesmo par adestrador e quarterback con novo, das que gañaron seis. Os Patriots son xunto cos Pittsburgh Steelers o equipo con maior número de Super Bowls gañadas (6), perdidas (5) e disputadas (11).
Historia Fundación miniatura|left|Billy Sullivan (no medio). A historia dos New England Patriots comeza o 16 de novembro de 1959 cando ao empresario William "Billy" Sullivan e a Sullivan Brother Printers, propiedade de Joseph Sullivan, se lles concedeu a oitava e última franquía da aínda en desenvolvemente American Football League (AFL). O seguinte inverno, os veciños da cidade enviaron miles de ideas para escoller o nome do novo equipo de fútbol americano de Boston. Finalmente, o 20 de febreiro, Sullivan escolle o nome de "Boston Patriots", o cal fora suxerido por 74 seareiros, entre os cales sen encontraba Larry Kepne. A escolla do nome ten a ver cos históricos patriotas da Guerra da Independencia. Inmediatamente despois o artista Phil Bissell desenvolve o logo de "Pat Patriot".
O primeiro adestramento da franquía foi o 4 de xullo de 1960, pouco máis de dous meses antes do primeiro partido oficial. Así, o 9 de setembro, os Boston Patriots debutan ante os Denver Broncos no primeiro partido de tempada regular do AFL. Os Broncos derrotaron aos Patriots 13-10. Nas súas primeiras tres tempadas, os Patriots conseguiron unha puntuación acumulada de 23-17, mais non acadaron os playoffs en ningún dese tres anos. Con todo, en 1963 o equipo proclámase campión da División Leste da AFL e xoga por vez primeira as eliminatorias polo título. En semifinais conseguen vencer aos Buffalo Bills por 26-8, aínda que despois non son capaces de vencer na final aos San Diego Chargers, equipo que gaña por 51-10. Durante o resto da década o equipo non volve a xogar os playoffs.
Durante esta súa etapa da AFL, o equipo non tivo ningún estadio permanente. De feito, foron utilizados o Nickerson Field, o Harvard Stadium, Fenway Park e o Alumni Stadium, todos eles situados en Boston ou nas proximidades. Os primeiros xogadores destacados do equipo foron os defensive tackles Jim Lee "Earthquake" Hunt e Houston Antwine, o quarterback Vito "Babe" Parilli e o flanker-placekicker Gino "The Duke" Cappelletti. Hunt, Parilli e Cappelletti xogaron todos anos da existencia da AFL. Hunt e Cappelletti pasaron en total dez anos no equipo de Massachusets. Cómpre destacar que Cappelletti foi o máximo anotador da historia da AFL. Posteriormente chegarían á franquía estrelas como o defensive end Larry Eisenhauer, o fullback Jim Nance e middle linebacker e futuro membro do Hall of Fame Nick Buoniconti.
Comezos na NFL miniatura|left|Johnny Rembert en 1988. Como resultado da fusión da NFL coa AFL, os Patriots unísronse á NFL en 1970. A franquía foi incluída na American Football Conference (AFC), onde permanencen desde aquela. O debut, con todo, non sería o deseaxado, xa que os Patriots remtaron cun balance de 2-12, o peor da nova liga. Ao ano seguinte, tras pasar toda a súa historia mudando de terreo de xogo en diferentes sitios da área metropolitana de Boston, o equipo trasládase a un novo estadio en Foxborough. Denomidado na súa inauguración Schaefer Stadium, mudaría de nome en 1983 a Sullivan Stadium e en 1990 a Foxborough Stadium. Ademais, para reflictir o feito de que o equipo estaba agora localizado na área metropolitana da cidade, en marzo de 1971 o equipo mudo o seu nome a New England Patriots. Sullivan considerou tamén o nome de Bay State Patriots, mais rexeitou o nome porque sería inevitablemente abreviado como "BS Patriots".
En 1973 a franquía contrata como adestrador xefe e xerente xeral a Chuck Fairbanks, quen chegaba de dirixir con notábel éxito á Universidade de Oklahome, a cal situou entre os dez mellores equipo de fútbol americano universitario do país. Xa no equipo de Boston, comezou a crear unha das máis talentosas escuadras da NFL nos anos 1970, aínda que sen chegar a conseguir ningún título. Tras acabar en 1974 cun balance de 7-7 e en 1975 cun 3-11, acometéronse varias mudanzas de importancia no equipo, destacando o traspaso de Plunkett aos San Francisco 49ers e a fichaxe do seu substituto, Steve Grogan. Grogan e Fairbanks encontraron o éxito en 1976: os Patriots terminaron 11-3, o mellor resultado na historia da franquía até ese momento, e clasificáronse para os playoffs por primeira vez desde 1963. Porén, pero perderon ante os Oakland Raiders 24-24 na primeira rolda nun partido marcado por unha falta controvertida sinalada polo árbitro Ben Dreith contra o xogador defensivo Ray "Sugar Bear" Hamilton. A decisión foi tan disputada que Dreit nunca máis volveu arbitrar ante os New England Patriorts.
En 1978, Fairbanks foi despedido como adestrador xefe cando se revelou que fora secretamente contratado como adestrador xefe da Universidade de Colorado. Foi substituído por Ron Erhardt, ao que á súa vez sucedeu Ron Meyer en 1981. De 1977 a 1984, os Patriots só alcanzaron os playoffs as tempadas de 1978 e 1982, saíndo en ambas derrotados na primeira rolda. En busca de mellorar o liderado, os Sullivan trocaron a Ron Meyer por Raymond Berry en 1984. Ao ano seguinte, os Patriots fixeron un balance de 11-5 en temporada regular, conseguindo o dereito de participar nos playoffs por ser un dos mellores equipos de entre os non clasificados directamente (posto coñecido como "wild card"). Con Berry convertéronse no primeiro equipo en gañar tres partidos como visitante nas eliminatorias para chegar á Super Bowl. Na final, aínda que gozando dunha vantaxe de 3-0 durante o primeiro cuarto, os Patriots perderon ante os Chicago Bears por 46-10. Na seguinte temporadada, os de Boston gañaron a AFC Leste de novo cun balance de 11-5, mais esta vez nos playoffs perderon na primeira rolda de playoffs ante os Denver Broncos na primeira rolda dos playoffs.
Crise financeira e deportiva miniatura|Drew Bledsoe. Durante o finais dos anos 1980 e principios da seguinte década, os Patriots non conseguiron clasificarse nunca para os playoffs. Isto manifestouse en constantes trocos de adestradores e problemas na administración por parte dos Sullivan. A familia perde millóns de dólares en investimentos custosos, incluíndo o Victory Tour de The Jackson Five en 1984 e aproximadamente 100 millóns de dólares na franquía. Como consecuencia, os Sullivan víronse forzados a vender o equipo por 84 millóns ao magnate propietario de Remington Products, Victor Kiam, en 1988. Con todo, Billy Sullivan e o seu fillo permaneceron, respectivamente, como presidente e xerente xeral da franquía. Mentres tanto, Robert Kraft comezou a súa relación cos Patriots ao comprar o Sullivan Stadium (previamente Schaefer Stadium) o 23 de novembro de 1988. Durante esta mudanza de liderado, o adestrador Berry foi substituído por Rod Rust.
A peor camapaña na historia da franqucia dos Patriots viño baixo o mando de Rust en 1990, cando o equipo terminou 1-15. Finalmente, Rust foi despedido despois ao finalizar a temporada, sendo substituído por Dick MacPherson. En setembro, os Patriots víronse envolvidos nun escándalo de acoso sexual cando o Boston Herald deu a noticia de que Lisa Olson fora acosada sexualmente e insultada verbalmente por varios xogadores dos Patriots nos vestiarios do equipo. A NFL investigou o incidente e o comisionado da NFL multou ao equipo con 50.000 dólares. Tamén varios xogadores foron multados: Zeke Mowatt con 12.500 dólares e Michael Tompson e Robert Perryman con 5000 cada un. Este asunto foi ademais unha das razóns polas cales Rod Rust foi rapidamente despedido do seu posto como adestrador xefe.
En 1992, chega á franquía un novo dono, o empresario de St. Louis James Orthwein. Por toda Nova Inglaterra, os comentaristas deportivos e os afeccionados rumoreaban a psobilidade de que a Orthwein trasladase a franquía en á súa cidade. Con todo, non se realizou ningún movemento para a tempada dese ano. En 1993, os Patriots volveron realizar mudanzas a nivel deportivo ao despedir a MacPherson e contratar ao adestrador Bill Parcells. A fichaxe máis destacada para 1993 foi Drew Bledsoe, quen sería o quarterback do equipo até 2001. A pesar do novo xogador, os resultados do ano foron negativos, e os rumores da recolocación continuaron tras a tempada. Para salvar ao equipo da mesma, Robert Kraft venceu a unha forte competencia e obtivo a propiedade absoluta dos Patriots en 1994.
Os Patriots comezaron a temporada de 1994 elixindo na primeira rolda do draft ao linebacker Willie McGinest, o cal posteriormente se convertería nun importante xogador da historia da franquía. Ese mesmo ano o equipo chega so playoffs, mais o equipo perde en primeira rolda por 20-13 ante os Cleveland Browns. A temporada de 1995 cun sería peor, e o equipo acaba cun balance de 6-10. Porén, Kraft decide manter a Parcells como adestrador. Ao ano seguinte o equipo acada un destacábel balance de 11-5, gañando o campionato da AFC Leste. Tras gañar aos Pittsburgh Steelers cun contundente 28-3 na rolda divisional, os Patriots gañan tamén con claridade (20-6) aos Jacksonville Jaguars na final da Conferencia Americana, clasificándose por segunda vez á Super Bowl. Na final agasradaban os Green Bay Packers de Brett Favre. Porén, ao igual que sucedera en 1986, o equipo queda ás portas do título tras perder por 35-21.
Debido ao incremento da tensión entre Parcells e Kraft, o primeiro foi substituído por Pete Caroll en 1997. Mentres tanto, os Patriots e os New York Jets comezaron a intercambiar xogadores e adestradores, incluíndo ao até ese entón adestrador en xefe dos NY Jets, Eric Mangini, o mencionado Parcells e o running back Curtis Martin. Os Patriots terminaron o ano 1997 cun resultado de 10-6, suficientemente bo para obter o primeiro lugar na AFC Leste. NA rolda inaugural dos playoffs os Patriots derrotaron aos Miami Dolphins 17-3 en casa, antes de perder ante os Pittsburgh Steelers cun marcador de 7-6. Un ano despois, os Patriots terminan cun balance de 9-7, perdendo esta vez xa na primeira rolda dos playoffs ante os Jacksonville Jaguars. A mala tempada de 1999 terminou co despedimento de Carroll.
A era de Belichick e Brady miniatura|Tom Brady.