El Eco de Galicia foi un xornal publicado en Buenos Aires entre 1892 e 1926.
Historia e características
Foi fundado por Xosé María Cao Luaces o 7 de febreiro de 1892. Desde a súa fundación foi o órgano dos residentes galegos na Arxentina. Tamén estivo dirixido por Manuel Castro López.
A publicación tiña un forte contido rexionalista. Desde as páxinas de El Eco de Galicia, Cao buscaba a refundación do Centro Galego de Bos Aires. Propuxo a utilización da redacción do xornal como Ateneo Artístico e Literario mentres non se constituíse o Centro Galego. Entre os seus colaboradores figurou Xesús San Luís Romero. miniatura|Manuel Castro López, director, 1910. Cesou a súa publicación en 1926.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Índices na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra Eco de Galicia of Buenos Aires Newspaper Traveling-cook.com, en inglés.
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Xornais de Buenos Aires Categoría:Xornais desaparecidos