O Rosenborg Ballkub, tamén coñecido polas siglas RBK, é un club de fútbol da cidade de Trondheim, en Noruega.

O palmarés do club é o máis extenso do fútbol noruegués, onde posúe a marca de 13 campionatos da liga norueguesa gañados consecutivamente (desde 1992 a 2004).

Historia O club foi fundado o día 19 de maio de 1917 co nome de Odd. Con todo os inicios para o equipo non foron fáciles, e ata o ano 1967 non conseguiron facerse un oco na elite do fútbol noruegués, conseguindo o seu primeiro campionato de liga.

Así deu inicio a unha época de 7 anos nos que se alternaba na primeira e a segunda posición do campionato. Con todo, o club volveu perder protagonismo, permanecendo 13 anos sen alzarse coa liga, desde 1971 a 1985.

En 1992 daría comezo ao seu longo refacho de triunfos, truncada en 2005 polo Vålerenga IF, cun decepcionante sétimo posto logo de ser o gran dominador durante trece anos. Esta marca de vitorias consecutivas é o segundo máis longo no mundo, superado polo Skonto Riga letón (14 ligas entre 1991 e 2004).

Ata o ano 2004 o Rosenborg posuía a marca de participacións consecutivas na fase final de grupos da Liga de Campións da UEFA (oito participacións desde 1995 a 2002). En 2004 o Manchester United conseguiu a súa novena participación seguida.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias negras.

Palmarés Torneos nacionais Liga de Noruega (26): 1967, 1969, 1971, 1985, 1988, 1990, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2006, 2009, 2010, 2015, 2016, 2017, 2018 Copa de Noruega (12): 1960, 1964, 1971, 1988, 1990, 1992, 1995, 1999, 2003, 2015, 2016, 2018

Ligazóns externas Sitio web oficial

Rosenborg Ballklub