Waldo A. Insua (bautizado Ubaldo Modesto Álvarez e Insua), (1997). Waldo Álvarez Insua, estrandense, emigrante, escritor. Asociación Fillos e Amigos da Estrada. nado na Estrada o 10 de xuño de 1856 e finado en Madrid o 10 de agosto de 1938, foi un avogado, escritor e xornalista galego.

Traxectoria miniatura|esquerda|195px|Partida de bautismo, 1856. Colaborou cos xornais El Diario de Santiago e El Heraldo Gallego con só 14 anos. En 1873, con 17 anos, publicou algúns poemas na Revista Galaica. Porén, os seus artigos máis comprometidos, nos que denunciaba o sistema político da Restauración borbónica en España, apareceron na Gaceta de Galicia.

O contido destes artigos forzaron a súa marcha a Cuba en 1877. Matriculouse na Universidade da Habana, obtivo a licenciatura en Dereito e traballou durante dez anos como escribán no Xulgado de primeira instancia do Distrito de Belén (A Habana). Posteriormente abriu o seu propio bufete. Fundou o semanario El Eco de Galicia, ocupou cargos directivos no Centro Gallego de La Habana e atribúeselle a fundación do xornal La Aurora del Yumurí en Matanzas. miniatura|195px|Waldo Á. Insua en Galicia contemporánea, 1889.

Iniciador de sociedades galegas na Habana, Álvarez Insua constituíu un dos principais valedores do rexionalismo galego en Cuba. Foi vicepresidente e socio de mérito dunha entidade que en pouco tempo foi a pedra angular da sociedade galega na illa. Desde El Eco de Galicia denunciou de forma pública as manobras do Círculo de Hacendados de La Habana para traer de Galiza traballadores en termos parecidos aos da escravitude. Viaxaba con relativa frecuencia ao país e regresou definitivamente en 1898, despois do Tratado de París e a explosión do acoirazado USS Maine. Asentouse na Coruña e o 4 de febreiro de 1899 foi elixido presidente da Liga Gallega da cidade.

En novembro de 1899 trasladouse a Madrid, onde se dedicou á avogacía e foi secretario do Centro Gallego de Madrid. Colaborou na prensa madrileña, principalmente en El País, El Liberal, La Ilustración Gallega y Asturiana, La Esfera e Blanco y Negro, e seguiu escribindo para xornais da Habana, Buenos Aires e o estradense El Emigrado.

Unha rúa da Estrada leva o seu nome.Rúa Waldo Álvarez Insua da Estrada, en Google Maps.

Obras miniatura|195px|M. Curros Enríquez. Aires d'a miña terra. Juício crítico por Waldo Álvarez Insua. M. Curros Enríquez. Aires d'a miña terra. Juício crítico, 1883.M. Curros Enríquez. Aires d'a miña terra. Juício crítico en Galiciana. Galicia contemporánea (páginas de viaje), 1889.Galicia contemporánea (páginas de viaje) en Galiciana. Ecos de mi patria, 1891.Ecos de mi patria en Galiciana. El problema cubano, 1897. La pena de muerte, 1902. La prueba de testigos, 1902. La emigración, 1902. Finis. Últimos días de España en Cuba, 1902. Alma nueva, 1907. Deseada, 1908. Vida truncada, 1910. Cinematógrafo nacional, 1910. La boca de la Esfinge, 1910. El Milagro, 1912.

Vida persoal miniatura|Waldo Álvarez Insua con fillos. Casou en Cuba con Sara Escobar de Cisneros, adoptou o fillo desta Alberto Insúa e foi pai de seis fillos, entre eles Sara Insúa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos El Eco de Galicia Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Estrada Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público