Acontecementos Literatura galega Publicación de Follas novas, de Rosalía de Castro. Publicación de Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez. Publicación de Saudades gallegas, de Valentín Lamas Carvajal. Publicación de Maxina ou a filla espúrea, de Marcial Valladares, escrita en 1870.

Europa Península Ibérica Francisco Giner de los Ríos funda a Institución Libre de Enseñanza en Madrid, centro de cultura laica e progresista.

Alemaña 19 de novembro: Constitúese a Asociación liberal, dirixida por von Stauffenber, que reúne os adversarios do proteccionismo e do abandono do Kulturkampt após Bismarck adoptase en xullo unha lei que beneficia a Igrexa católica. O Partido Nacional Liberal alemán, que conta co 17% dos votos no Reichstag, debilítase. O partido progresista (Fortschristtspartei), adversario de Bismarck obtén a mesma representación.

Francia 6 de xullo: Declárase o 14 de xullo Festa nacional francesa. Adóptase a bandeira tricolor. 11 de xullo: Amnistía dos Communards. 23 de setembro: Goberno de Jules Ferry (até o 14 de novembro de 1881). Jules Ferry, presidente do Consello, persegue a laicización da sociedade apoiándose nunha reforma do ensino público. As seis leis que se aprobaron neste ano e no seguinte excluíron os eclesiásticos do Consello Superior de Instrución Pública e o ensino católico dos xurados universitarios, convidaban ás congregacións a disolvérense e a abandonar os seus institutos de ensino (xesuítas, maristas, dominicos etc), creaban distintas institucións de ensino para rapaces e "escolas manuais públicas", primeiros centros de aprendizaxe. Jules Guesde e Paul Lafargue fundan o Partido Obreiro Francés.

Italia 14 de marzo: Reúnense en Boloña os socialistas da Emilia-Romaña liderados polo revolucionario Andrea Costa. Este encontro é un primeiro paso cara a federación de todos os socialistas de Italia. Maio: Eleccións lexislativas. A dereita obtén 170 escanos, a esquerda gobernamental 220 e a extrema esquerda un cento. Esta relación de forzas leva a Depretis a procurar un acordo coa dereita e a compor coalicións ("transformismo"). Xullo: Abólese a lei sobre a fariña. Esta medida aplícase paulatinamente.

Reino Unido 28 de abril: Remata o goberno conservador de Benjamin Disraeli. Comeza o liberal de William E. Gladstone, que é primeiro ministro até 1885. A caída do goberno de Disraeli débese aos problemas en Suráfrica e na India, asociados á crise económica, agrícola (aumento do éxodo rural) e social (aumento do desemprego). Iníciase un período de disturbios antibritánicos en Irlanda (até 1885). A educación primaria faise obrigatoria. O analfabetismo desaparecerá practicamente a finais do século, se ben en 1885 só entre o 68% e o 75% dos nenos en idade escolar asisten a clase.

Suíza 29 de febreiro: Perfórase o túnel de Saint Gothard. Fúndase a unión Sindical Suíza Créase unha rede telefónica privada en Zürich Fúndase o Comité Internacional da Cruz Vermella en Xenebra. 25 de agosto: o vapor Neptuno afúndese durante unha tempestade no Lago de Bienne e morren 15 persoas.

Europa Central e os Balcáns Febreiro: Francia, o Reino Unido e a Alemaña recoñecen oficialmente a independencia da Romanía. 23 de marzo: O príncipe Alexandre I de Bulgaria, que convocara novas eleccións lexislativas á Sabranía após ter rexeitado nomear un goberno liberal, é desautorizado polo pobo, que volve a darlle a vitoria aos liberais. Abril: A raíz dun conflito fronteirizo cos montenegrinos, baixo a presión de Occidente, Istanbul cede as rexións de Hoti e Gruda a Montenegro. 17 de setembro: o sultán otomán abandona a vila de Ulqin, en Montenegro. Hungría: O partido dos cidadáns privados de dereito de voto é substituído polo Partido obreiro unificado húngaro (Magyarorszagi Altalanos Munkaspart), de inspiración marxista. Léo Frankel é condenado a dezaoito meses en prisión e parte ao exilio.

Rusia Datas do calendario xuliano 5 de febreiro: Novo atentado frustrado contra o tsar. Unha explosión destrúe salón de comidas imperial do Palacio de Inverno. 12 de febreiro: O xeneral Loris Melikov preside a Comisión executiva suprema, dotada de plenos poderes. A comisión suprímese o 6 de agosto e as súas atribucións pasan ao ministerio do interior. 15 de febreiro: Alexandre II de Rusia decide combater politicamente o terrorismo. Fai concesións á oposición, co que logra en parte debilitar o terreo sobre o que medra o radicalismo.

África Maghreb En maio inaugúrase a Conferencia de Madrid sobre os privilexios capitulares dos europeos en Marrocos. Confírmanse os privilexios definidos pola convención Béclard: mantéñense o dereito de protección e a exención de impostos para os protexidos das potencias estranxeiras e xeneralízase a cláusula da nación máis favorecida. Italia obtén a concesión do camiño de ferro Tunisia-La Goulette, disputada cos os franceses. Misión do coronel Flatters ao Sáhara para recoñecer o trazado do futuro camiño de ferro transahariano. Chega ao lago Menkhough mais debe retornar. Benjamin Cases e Salomon Reinach, da Alianza Israelita, abren escolas e traballan a prol da alfabetización e a occidentalización dos xudeus da Tunicia.

América 1 de xaneiro - Panamá: comezan os traballos para a construción do Canal de Panamá.

Nacementos 10 de xaneiro - Manuel Azaña, político, escritor e presidente da II República española (m. 1940). 25 de xaneiro - Douglas MacArthur, militar estadounidense (m. 1964). 2 de marzo - María Barbeito, mestra e pedagoga galega (m. 1970) 22 de marzo - Kuniaki Koiso, primeiro ministro do Xapón (m. 1950). 30 de marzo - Sean O'Casey, escritor irlandés (m. 1964). 6 de maio - Ernst Ludwig Kirchner, pintor alemán (m. 1938). 29 de maio - Oswald Spengler, filósofo e matemático alemán. 27 de xuño - Helen Keller, escritora e activista social estadounidense. 30 de xuño - Erich Przybyllok, astrónomo alemán (m. 1954). 8 de agosto - Earle Page, primeiro ministro australiano (m. 1961). 26 de agosto - Guillaume Apollinaire, escritor francés (m. 1918). 5 de setembro - Marcelino Gómez Arias, xornalista e político republicano galego (m. 1924). 7 de setembro - Adelardo Novo Brocas, xornalista e político galego (m. 1939). 3 de outubro - Emilio Portes Gil, presidente de México (m. 1978). 6 de novembro - Robert Musil, escritor austríaco. 24 de novembro - Abdul Aziz Al-Saud, primeiro rei de Arabia Saudita.

Mortes 12 de marzo - Manuel Pérez Sáenz, fundador do actual Banco Gallego (n. 1848). 2 de abril - Joaquín Gaite Núñez, médico, profesor e xornalista galego (n. 1820). 21 de abril - Félix Moreno Astray, sacerdote, xornalista e escritor galego (n. 1841) 8 de maio - Gustave Flaubert, novelista francés. 17 de decembro - Francisco Antonio Riestra, empresario e político galego.

Outros Francis Galton describe por primeira vez na revista Nature o primeiro caso de sinestesia.

Historia ano a ano

Categoría:1880