2001 () foi o primeiro ano do século XXI e do terceiro milenio, aínda que durante as dúas décadas precedentes foi motivo de discusión popular se sería este ano ou o 2000. Os atentados do 11 de setembro de 2001 constituíron o acontecemento máis relevante do ano e marcaron a política da década: con eles iniciouse a "guerra contra o terrorismo", que incluíu a invasión de Afganistán e a Segunda guerra do Golfo, e un aumento espectacular nas medidas de seguranza na navegación aérea.

Acontecementos 1 de xaneiro - Comeza o novo milenio, mais as celebracións non son tan importantes como no ano precedente, de maior relevancia. 13 de xaneiro - Un terremoto de magnitude 7.6 sacode O Salvador e causa 800 mortos. 15 de xaneiro - Lanzamento da Wikipedia. miniatura|dereita|Retrato oficial de George W. Bush 20 de xaneiro - George W. Bush toma posesión como presidente dos Estados Unidos de América 26 de xaneiro - Un terremoto sacode Gujarat, na India, e causa 12 000 mortos. 15 de febreiro - Tropas rusas comezan a retirada da Chechenia. miniatura|Ariel Sharon, gañador das eleccións xerais en Israel. 6 de febreiro - Ariel Sharon, líder do Likud, gaña as eleccións en Israel. 23 de marzo - A estación espacial Mir reentra a atmosfera preto de Nadi, en Fiji e cae no océano Pacífico. 24 de marzo - A Apple Computer lanza o Mac OS X. 1 de abril Slobodan Milošević, anterior presidente da República Federal de Iugoslavia, entrégase á policía para ser xulgado por crimes de guerra. Nos Países Baixos apróbase o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, a primeira vez en todo o mundo desde o reinado de Nerón. 28 de abril - O primeiro turista espacial, o americano Dennis Tito parte desde o cosmódromo de Baikonur na Soiuz TM-32. Retorna o 6 de maio. 13 de maio - Silvio Berlusconi gaña as eleccións xerais en Italia. 7 de xuño - O Partido Laborista de Tony Blair gaña as eleccións xerais no Reino Unido.- 20 de xuño - Pervez Musharraf convértese en Presidente de Paquistán ao dimitir Muhammad Rafiq Tarar. 17 de xullo - Inaugúrase a réplica da Cova de Altamira. 9 de setembro - Un terrorista suicida asasina a Ahmad Shah Massoud, comandante militar da Alianza do Norte. miniatura|dereita|As Torres Xemelgas após os dous impactos. 11 de setembro - Atentados terroristas con avións contra as Torres Xemelgas en Nova York, o Pentágono en Arlington, Virxinia e en Shanksville, Pensilvania. Morren case 3.000 persoas. 18 de setembro - Comeza unha serie de ataques contra medios de comunicación norteamericanos e políticos demócratas mediante cartas envelenadas con carbuncho. 2 de outubro - Swissair declárase en bancarrota. 7 de outubro - Os Estados Unidos invaden Afganistán con cooperación por parte do Reino Unido. 23 de outubro - Apple Computer lanza o iPod. 25 de outubro - A Microsoft lanza o Windows XP 12 de novembro - A aeroliña belga SABENA declara a bancarrota. 10 de novembro - A República Popular da China entra na Organización Mundial do Comercio após 15 anos de negociacións. 2 de decembro - A compañía eléctrica Enron declara a bancarrota, a maior na historia dos Estados Unidos. 13 de decembro - Ataque terrorista contra o Parlamento Indio, que pon á India e Paquistán ao bordo da guerra. A India convértese no segundo país en superar os mil millóns de habitantes. O primeiro fora China en 1979.

Nacementos miniatura|120px|Billie Eilish 18 de decembro: Billie Eilish, cantante estadounidense.

Mortes 5 de xaneiro - Elizabeth Anscombe, filósofa e teóloga británica (n. 1919). 12 de xaneiro - Adhemar da Silva, atleta brasileiro. 16 de xaneiro - Laurent-Désiré Kabila, presidente da República Democrática do Congo (n. 1939). 3 de febreiro - Benito Prieto Coussent, pintor e escultor galego (n. 1907). 18 de febreiro - Balthus, pintor francés. 19 de febreiro - Stanley Kramer, produtor de cinema norteamericano (n. 1913). 26 de febreiro - Arturo Uslar Pietri, escritor e político venezolano. 12 de marzo - Robert Ludlum, escritor norteamericano (n. 1927). 29 de marzo - Xavier Lorenzo Oroza, xornalista e escritor galego (n. 1958). 15 de abril - Joey Ramone, vocalista da banda novaiorquina de punk rock Ramones (n. 1951). 11 de maio - Douglas Adams, escritor e comediante británico (n. 1952). 16 de maio - Hernán Naval, músico e polifacético home ribadense.

19 de maio - Jesús Suevos, falanxista galego (n. 1907). 20 de maio - Renato Carosone, cantante e músico italiano (n. 1920). 3 de xuño - Anthony Quinn, actor norteamericano (n. 1915). 7 de xuño - Víctor Paz Estenssoro, político boliviano (n. 1907). 21 de xuño - John Lee Hooker, cantante de blues (n. 1917). 26 de xuño - Germán Quintela Novoa, médico e político galego (n. 1908). 27 de xuño - Jack Lemmon, actor norteamericano (n. 1925). 11 de xullo - Cândida Branca Flor, cantante portuguesa (n. 1949). 6 de agosto - Jorge Amado, escritor brasileiro (n. 1912). 2 de setembro - Christiaan Barnard, médico sul-africano (n. 1922). 11 de setembro - Atentados do 11 de setembro de 2001: 2.749 nas Torres xemelgas, 125 no Pentágono, 40 en Shanksville, Pensilvania, 19 secuestradores e 24 desaparecidos. 24 de outubro - Eugenio Granell, pintor e escritor galego (n. 1912). 25 de outubro - Marvin Harris, antropólogo estadounidense (n. 1927). 29 de novembro - George Harrison, músico inglés (The Beatles) (n. 1943). 14 de decembro - W. G. Sebald, escritor alemán. 20 de decembro - Léopold Sédar Senghor, poeta e estadista senegalés. 21 de decembro - María Teresa Otero Sande, profesora e escritora galega (n. 1944).

25 de decembro - Ramón Félix Blanco Gómez, sindicalista e político galego (n. 1945).

Premios Nobel Premio Nobel de Física - Eric Allin Cornell, Wolfgang Ketterle e Carl Edwin Wieman. Premio Nobel de Química - William S. Knowles, Ryoji Noyori e K. Barry Sharpless. Premio Nobel de Medicina ou Fisioloxía- Leland H. Hartwell, R. Timothy Hunt e Paul M. Nurse. Premio Nobel de Literatura - V.S. Naipaul. Premio Nobel de Economía - George Akerlof, Michael Spence e Joseph Stiglitz Premio Nobel da Paz - Nacións Unidas, Kofi Annan.

Día das Letras Galegas dedicado a: Eladio Rodríguez

Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:2001