1885 (MDCCCLXXXV) foi un ano común comezado en xoves segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 5 de febreiro - O rei Leopoldo II de Bélxica establece o Estado Libre do Congo como unha posesión persoal. 22 de decembro - O samurai Ito Hirobumi convértese no primeiro Primeiro Ministro do Xapón. Louis Pasteur descobre a vacina contra a rabia.

Arte e cultura 18 de febreiro - Primeira edición de As Aventuras de Huckleberry Finn de Mark Twain. 21 de marzo - Publícase "Germinal", novela de Zola, décimo terceira do ciclo "Les Rougon-Macquart". Andrés Martínez Salazar e mais Juan Fernández Latorre fundan "Biblioteca Gallega". Fúndase na Habana, A gaita gallega, primeira publicación monolingüe en galego na emigración. miniatura|275px|Rosalía de Castro xacente, retratada polo seu fillo Ovidio Murguía. Ciencia e tecnoloxía 4 de xaneiro - O doutor William Grant realiza a primeira apendicectomía con éxito. Construción da primeira bicicleta por John K Starley.

Nacementos 8 de xaneiro - John Curtin, primeiro ministro de Australia. 7 de febreiro - Sinclair Lewis, novelista estadounidense, premio Nobel de Literatura en 1930. 11 de febreiro - Wenceslao Fernández Flórez, escritor galego en castelán. 11 de marzo - José García Vidal, avogado e político galego (m. 1969). 18 de marzo - Carlos Sobrino Buhigas, pintor galego. 11 de abril - Telmo Bernárdez Santomé, médico e político galego (m. 1936). 13 de abril - Gyorgy Lukács, filósofo húngaro. 17 de abril - Isak Dinesen, escritora danesa. 22 de abril - Victoriano Taibo, escritor galego. 3 de maio - Max Volmer, químico alemán. 16 de maio - Aage Berntsen, médico, pintor, poeta e tirador de esgrima danés. 3 de xullo - Avelino Barrio López, médico galego (m. 1959). 5 de xullo - Blas Infante, precursor do nacionalismo andaluz. 8 de xullo - Ernst Bloch, filósofo alemán. 8 de xullo - Roberto Nóvoa Santos, médico e ensaísta galego. 1 de agosto - George de Hevesy, químico húngaro, premio Nobel de Química en 1943. 19 de agosto - Manuel Cordero Pérez, político socialista galego (m. 1944). 5 de setembro - Uxío Carré Alvarellos, escritor galego. 11 de setembro - D. H. Lawrence, escritor británico. 22 de setembro - Erich Von Stroheim, cineasta estadounidense de orixe austríaca. 7 de outubro - Niels Bohr, físico danés, premio Nobel de Física en 1922. 30 de outubro - Ezra Pound, escritor estadounidense. 2 de decembro - George Richards Minot, médico estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1934. 21 de decembro - Vladimir Tatlin, artista ruso creador do Construtivismo.

Mortes miniatura|Portada de El Diario (Pontevedra), dedicada ao pasamento de Alfonso XII. 8 de febreiro - Nikolai Severtzov, explorador e naturalista ruso. 30 de abril - J.P. Jacobsen, escritor e naturalista dinamarqués. 22 de maio - Victor Hugo, escritor francés. 30 de maio - Saturnino Álvarez Bugallal, avogado, xornalista e político galego (n. 1834). 15 de xullo - Rosalía de Castro, escritora galega. 23 de xullo - Ulysses S. Grant, xeneral e presidente dos Estados Unidos. 6 de setembro - Narcís Monturiol, enxeñeiro, intelectual e inventor catalán, que inventou o primeiro submarino tripulado con motor, bautizado como Ictíneo (n. 1819). 16 de novembro - Louis Riel, líder da tribo rebelde dos métis no Canadá, executado por alta traizón. 25 de novembro - Rei Afonso XII de España. 26 de novembro - Thomas Andrews químico e físico irlandés. (n. 1813). Gaudenzio Marconi - fotógrafo italiano (n. 1841).

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1885