Joshua Corrales Regueiro, coñecido deportivamente como Joshua, nado en Bembibre (León) o 24 de xaneiro de 1990, é un futbolista español. Xoga de dianteiro centro.

Traxectoria Formado na canteira do Deportivo da Coruña, formou parte do filial branquiazul durante tres tempadas. O 19 de xullo de 2011 anunciouse a súa incorporación á Cultural Leonesa.

Foi convocado varias veces pola selección de Castela e León, nas categorías sub-12, sub-14 e sub-16.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com

Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores da Cultural Leonesa