Carlos III (Charles Philip Arthur George Windsor; nado en Londres o 14 de novembro de 1948) é o rei do Reino Unido e de catorce estados independentes máis chamados Reinos da Commonwealth desde 2022, tras a morte da súa nai a raíña Isabel II. Tamén é o xefe da Commonwealth, unha grande organización intergobernamental formada por 53 países independentes. Era o herdeiro, así como o duque de Cornualla e duque de Rothesay de 1952 a 2022, sendo a persoa máis longa na liña de sucesión ao trono británico da historia. Tamén foi o príncipe de Gales máis lonxevo, xa que ostenta o título desde xullo de 1958. Despois da morte do seu pai, o príncipe Filipe o 9 de abril de 2021, Carlos tamén herdou o título de duque de Edimburgo.
Era o fillo máis vello da raíña Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Recibiu o título oficial de príncipe de Gales, ademais dos títulos históricos de duque de Cornualla, duque de Rothesay (Escocia), conde de Carrick, barón de Rebfrew e Señor das Illas, así coma conde de Chester. Tras ser o herdeiro máis lonxevo da historia británica, converteuse en Carlos III (Charles III), aínda que podía escoller calquera dos seus catro nomes malia ter afirmado, en varias ocasións, que para reinar elixiría o nome do seu avó e, neste caso, sería Xurxo VII (George VII). É o monarca número 40 na lista de monarcas británicos, dende Guillerme o Conquistador.
Casou con Diana Frances Spencer o 29 de xullo de 1981, coa que tivo dous fillos, Guillerme de Gales e Henrique de Sussex. O 28 de agosto de 1996 firmaron o divorcio, un ano antes da morte de Diana nun accidente de coche o 31 de agosto de 1997.
Casou de novo con Camila de Cornualla, con quen tivo relacións antes e durante o seu primeiro matrimonio, o 9 de abril de 2005.
Títulos 14 de novembro de 1948 – 6 de febreiro de 1952: S.A.R. Príncipe Carlos de Edimburgo 6 de febreiro de 1952 – 26 de xullo de 1958: S.A.R. O Duque de Cornualla 26 de xullo de 1958 – 8 de setembro de 2022: S.A.R. O Príncipe de Gales en Escocia: 6 de febreiro de 1952 – 8 de setembro de 2022: S.A.R. O Duque de Rothesay 8 de setembro de 2022 – presente: S.M. O Rei
Devanceiros
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Príncipe de Gales Familia real británica
Ligazóns externas Páxina oficial do Príncipe de Gales .
Categoría:Familia real británica Categoría:Príncipes de Gales Categoría:Nados en Westminster Categoría:Nados en 1948 Categoría:Reis do Reino Unido