O Rollsport-Club Uttigen é un club de hóckey a patíns da localidade de Uttigen (Suíza).

Historia O Rollsport-Club Uttigen foi fundado en 1980.

Os primeiros éxitos deportivos máis importantes foron só un punto de partida en 1990 coa consecución do LNB. En 1999 convértese no último campión suízo do século XX, ao gañar a LNA, e no ano 2000 converteuse no primeiro campión suízo do século XXI ao revalidar o título. Os catro primeiros anos do século XXI foron os mellores na historia do club, ao acadar catro títulos (tres deles consecutivos en 2002, 2003 e 2004). A Copa Suíza é un título que se lle resiste ao Uttigen, a pesar de chegar seis veces á final en 1995, 1996, 1998, 2001, 2003 e 2004, estando a piques de gañala en tres ocasións, nas que se tivo que recorrer á prórroga e aos penaltis.

Palmarés Hóckey a patíns masculino: 5 Ligas suízas: 1999, 2000, 2002, 2003 e 2004. Hóckey a patíns feminino: 1 Liga suíza: 2003. 2 Copas suízas: 2003 e 2004.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial do club .

Uttigen