miniatura|310px|Carlos XI de Suecia durante a batalla de Lund (1676). Óleo atribuído a David Klöcker Ehrenstrahl (1682).

Carlos XI, nado en Estocolmo o 24 de novembro de 1655 e finado na mesma cidade o 5 de abril de 1697, foi o Rei de Suecia entre 1660 ata a morte, Duque de Bremen e Príncipe de Verden (1660-1697) e conde do Palatinado-Zweibrücken (1681-1697) como Carlos I. Era o único fillo do matrimonio do rei Carlos X Gustavo e Eduviges Leonor de Holstein-Gottorp.

Traxectoria Carlos XI foi un dos monarcas máis poderosos e destacados da historia do seu país. A súa obra no goberno foi esencialmente administrativa, logrando así reestruturar o Estado e levantar ao país da crise na que se achaba despois de numerosas guerras. Se ben nos seus inicios tivo proclividade pola guerra, durante a maior parte do seu reinado mantivo a paz, e evitou as confrontacións internacionais. A paz permitiulle centrarse na política interior, combater aos grupos de interese dentro da administración pública, realizar profundas reformas e erixirse como monarca absoluto.

Carlos 11 Categoría:Nados en 1655 Categoría:Finados en 1697 Categoría:Nados en Estocolmo