Geraint fillo de Erbin é un poema medieval galés que honra ao heroe Geraint e as súas fazañas na Batalla de Llongborth. O poema consiste en estanzas tipo englyn de tres versos cada unha e persiste en varias versións, todas en galés medio. A versión máis vella das que temos está no Libro Negro de Carmarthen, completado sobre 1250, malia o poema poder ter sido composto no século X ou no XI.Bollard, pp. 14–16. o poema é importante pola súa antiga mención do nome do rei Artur.
Poema e contexto
O protagonista do poema, Geraint mab Erbin, foi unha figura popular na tradición galesa e é coñecida a través dunha series de fontes subsecuentes. Xenealoxías posteriores asóciano co suroeste da Gran Bretaña e o sur de Gales a finais do século VI.Bollard, p. 14. O antigo poema Y Gododdin menciona un "Geraint desde o sur"Na estanza LXXXVII., probabelmente unha referencia a Geraint mab Erbin.Bollard, pp. 14–15. con todo, Geraint acadou a súa meirande fama como o heroe da novela en prosa Geraint ac Enid, un conto que segue a narrativa da obra francesa Érec et Énide de Chrétien de Troyes'.Jones, Mary. "Geraint son of Erbin" . Recuperado o 9 de setembro de 2009.
Geraint fillo de Erbin fai un grande uso da repetición ao celebrar as fazañas de Geraint en Llongborth, que podería identificarse con Langport, Somerset, aínda que llongborth pode referirse a un "porto de barcos", semellante ao longphort viquingo en Irlanda.Bollard, p. 15.Koch, p. 804. Cada englyn repite a forma dos outros con maior ou menor variación. Unha estanza contén unha mención do rei Artur e refírese a el como amerauder, ou emperador. Esta é a primeira referencia coñecida a Artur como emperador, un título usado frecuentemente en obras tardías pero case ausente en material antigo. A asociación con Artur tamén amosa que desde unha tan antiga época Geraint estaba sendo levado á órbita de Artur, un proceso que se repite noutros heroes da tradición galesa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bollard, John K.: Arthur in the Early Welsh Tradition The Romance of Arthur: An Anthology of Medieval Texts in Translation. 1994. pp. 11–23. Bryce, Derek (ed.): Arthur and the Britons in Wales and Scotland by W. F. Skene. Llanerch Enterprises. 1988. Koch, John T: Celtic Culture: A Historical Encyclopedia. CLIO. 2006.
Categoría:Literatura en lingua galesa Categoría:Poetas galeses medievais Categoría:Mitoloxía galesa